SOM DO GALPOM GALINHA DE TROIA


Som do Galpom regresa com toda a forza dos seus directos a defender o seu novo disco
titulado "Galinha de Troia" umha mestura de funk, rap e folk que nom vai deixar a ninguén
indiferente. Case un ano de investigacions sonoras, de pregrabacions, resumido en 9 cortes
producidos por Javier Abreu.!
Irrunpiron a escea no 2008 gañando numerosos concursos como Nsaio no Camiño. Gz Crea
e o Foudation Reggae Festival o cual os levou a grabar o seu primeiro disco "Em Terra de
Ninguem" que os levou com exito por todo o pais, portugal, alemania, o pais vasco,
cataluña.!
Agora a sua nova formacion presenta novo trabalho... O mestura do rap, o funk e o folk
xerminou, dando frutos e sementes que agora podes desfrutar...





A GALINHA DE TROIA por Xurxo Souto.

Música liana
música silveira
música xungla

Herbas acústicas malas de arrincar: Som do Galpom

Escoito e soño.
A Galinha de Troia. Velaí a porta que sinala o antes e o despois.
As sementes xermolaron, o rap-orgánico levedou, e o galpom fíxose selva-prado-praia,
exuberancia de nós.
Palabras-melodía que fan bailar ás neuronas todas.

Ser dun tempo, dunha terra, eis o segredo da poesía máis humana e verdadeira, dixo Celso
Emilio.
Deste tempo, desta terra, Som do Galpom. Especie híbrida que é á vez berro e chorima,
aloumiña e toxo.

E aquí e agora, cando os mercados mandan máis que as persoas, cando mesmo se pon en
cuestión a nosa propia condición de cidadáns, só existe unha resposta: a creatividade.
Lume de dentro, ese que nunca nos poderán roubar ningún vampiro preferente.
Só cómpre perder o medo e camiñar. Como camiñan estes rapaces –moito escenario, moita
sabedoría no lombo- enchendo en cada paso de máis luz os seus acordes.

A Galinha de Troia, documento extraordinario, a proclamar que, entre tanto desacougo,
nesta parte do mundo o talento ferve e está a piques de estoupar.
Contra o deserto. Contra o silencio.
Edra melódica en constante expansión. Orgánico, verde-fotosíntese o bosque segue a
medrar !
Som do Galpom,
tanta música, tanta liberdade !


https://www.youtube.com/watch?v=xzpIFdnS500

Videoclip do primeiro single "A piques de estoupar" do novo disco de Som do Galpom "Galinha de troia.".


Videoclip gravado por: PixelinPhoto