O meu marabilloso sombreiro, de Akiko Ishihara con textos e ilustracións de Suevia Sobral Santiago editado por Edicións do Cumio que aposta por unha proposta para os estudantes de xaponés, unha iniciativa interesante dirixida e específica, para aqueles que gostan desta cultura ancestral, da maxia do secular e das posibilidades dun mercado impresionante e cheo de posibilidades.Son un neno pequeno, pero podo construír soíño moitísimas cousas. Hai pouco, con grande esforzo, fixen un sombreiro marabilloso. Agora estou pensando a quen llo podo regalar. Se queres, pódesme acompañar na miña procura. E mentres escoitamos cancións, sen dúbida, divertirémonos xuntos.
Un volume inusual dentro da nosa tradición, unha edición de conto bilíngüe galego/xaponés e seis cantigas populares do Xapón coas súas correspondentes partituras, visualmente atraentes.
O libro, ademais, vén acompañado dun CD coas cantigas nas súas versións galega e xaponesa. Algo distinto para apoiarse no estudo desa lingua milenaria, unha iniciativa interesante e divertida que enche un oco no estudo das linguas.
As instrumentacións estiveron a cargo de Víctor Alfonso Castro Martínez e a voz pona a cantante Montse Ogando
Onde mercalo: http://www.cumio.com/libro.php?id_libro=688