PANDEIROMUS

Para escoitar PANDEIROMUS preme eiqui












Grupo de música tradicional nacido en Santiago no ano 1992. Composto nas suas diferentes etapas por un grupo de 3 a 7 membros, adicados á investigación e interpretación de música galega de tradición oral, tentando recoller o repertorio masculino existente. E dicir, cantamos, acompañados de instrumentos de percusión da tradición galega (palmas, cunchas, culleres, chaves, latas, tamboril, bombo, platillos, redoblante, ...) e tamén por gaitas en diferentes tonalidades e acordeón. Durante moitos anos un dos poucos, e por momentos único, grupo de pandereteiros (homes), mentres proliferaban os de pandereteiras (mulleres)

https://www.youtube.com/watch?v=mogHvxHynT0&x-yt-ts=1421914688&x-yt-cl=84503534
Pandeiromus Unha muller e outra muller
https://www.youtube.com/watch?v=mogHvxHynT0&x-yt-ts=1421914688&x-yt-cl=84503534


Hai xa tempo, sentimo-nos atraídos pola tradición oral, sobre todo pola que estaba asociada con melodias que encandilaban o noso ánimo. E decidimo-nos a parir Pandeiromus, e veña a cantar e pasa-lo ben, e danzar e ouvir historias das xentes de Galiza, e escoitar melodias, ritmos e instrumentos.
Fomos cantar e danzar por toda a Galiza, a recoller, aprender e clasificar o que oiamos e leiamos, e pouco a pouco incorporamos mais ritmos e melodias e instrumentos. Hoxe somos quen de cantar e bailar, e de tocar acordeón, gaitas (en do, re e si-bemol), pandeiretas, pandeiras, pandeiro, culleres, cunchas, botella de anís, lata de carburo, tamboril, caixa e bombo, e até as palmas.
Con todo fomos creando un amplo repertorio de música tradicional, que ao longo destes anos foi enchendo o noso ánimo e o de moitos amigos e amigas cos que o pasamos ben. Agora tamén nos deu por inventar, por compoñer letras e melodias arregladas por nós, baseadas no que levamos aprendido e na inspiración dos membros do grupo volcados nesta tarefa

Non o dixemos, pero nestes anos chamaron-nos de canto sitio hai, para facer festas e romerias, para actuar en auditorios e festivais de toda caste, por Galiza, España, Portugal e tamén pola Europa dos doce, logo dos quince e pronto dos vintecinco.
E tamén gravamos dous discos compactos, En Conserva (1998) e Tolerías (2002). Claro, tamén colaboramos (e de paso aprendemos) con outros músicos e agrupacións para as suas grabacións e actuacións: cos Dhais do noso e de todos Luis Areán, coas Leilia, coa Uxia Senlle, co Son do Pao co Espírito 986 e co Jacobsland editado con motivo do ano xacobeo 1999.
O mais importante, sen dúbida, o que nos transmitiron e comunicaron persoas, a maioria xa de certa idade, por toda a Galiza.
TEÑO DIAS é a primeira  entrega do que será unha triloxía, que inicia este "Teño Días", que virá seguido  da 2ª parte "Teño noites", ata formar un corpo único na súa 3ª entrega, "TEño días e teño noites" a finais de 2015.
Con esta triloxía Pandeiromus volta, logo de varios anos, ao estudio de gravación.

Temas tradicionais e versións musicadas de textos de Sechu Sende ou Xabier Picallo compoñen a nova proposta do grupo, sempre baseada nas voces masculinas e na percusión.

Teño días,  inclúe os temas Teño días, Sempre Morgan, Sete cuncas e mais Unha muller e outra muller e que está á venda por so cinco euros.




https://www.youtube.com/watch?v=SBo3q3VLlP0
PANDEIROMUS Teño días...



CONTACTO: pandeiromus@gmail.com
MÁIS INFO EN: http://www.pandeiromus.com