12 LABIRINTO

Para escoitar 12 LABIRINTO preme eiqui

Compoñentes:
Manuel Silveira: Guitarra, Voz
Jesus Abarca: Baixo, Voz
Robin Sar: Guitarra
Manolo Garcia: Batería





12 Labirinto formouse en Meirama (Cerceda) entre o 2007-08. Formado inicialmente por Manuel Silveira (ex Zenzar) na guitarra e voz, e Anxo Silveira na bateria. Foi despois de moitos ensaios e con un pequeno repertorio xa preparado, cando Jesús Abarca (ex guitarrista de Necrófagos) decidiuse a coller o posto vacante de baixista.

E sería pouco despois, cando un bo día aparece Iago Pereira ca sua guitarra e o grupo quedou ao completo.
A presentación en directo fíxose o 13 de xuño de 2008, no Rock Café D’Anton de A Laracha. Despois viñeron festivais como o "Nicrarock" ou "Laracha Forza Rock",´
donde compartiron cartel con grandes grupos como ECO, TALESIEN, e os SUAVES.
A mistura de veteranos e xovenes (Anxo tiña 13 anos e Iago 15) fixo que a banda fora collendo soltura e forza nos directos ademais de calidade.
Entre o 2009 e o 2010, o grupo sigue con máis concertos e grava duas cancions nos estudios Boham de A Couña. Comparten escenarios con grupos como Machina, Zenzar, Talesien, Nao, Fracasados de Antemano e moitos outros, participando tamén na Rede Galega de Música ao Vivo.
Como curiosidade para o último concerto do 2010, que foi no mítico Gatos de Melide, entra no grupo Edu como cantante solista.
No 2011, o grupo queda momentaneamemte disolto.
E non será ata finais do 2013, despois de varios cambios e "reformas", cando chegamos a formación definitiva para 2014:
Manuel Silveira: guitarra e voz
Jesus Abarca: Baixo e voz
Robin Sar: Guitarra
Manolo Garcia (Zenzar): Batería
Musicalmente o grupo defínese, como unha banda de ROCK con maiusculas, Ademais de temas propios cantados en galego, 12 Labirinto fai unha chea de versions en vivo, de grupos como Baron Rojo, Barricada ou os Suaves que mezclados con temas de bandas internacionais (Deep Purple, Ufo, Black Sabbath) e algun que outro rescatado da época de Manuel Silveira en Zënzar, conforman un directo poderoso e cheo de vitalidade.


C O N T A C T O:
Telefono: 695 14 14 41


12labirinto@gmail.com