SUPEROITO

Para ecoitar SUPEROITO preme eiqui


Superoito é un grupo para bailar.
Para bailar e para non deixar de saltar durante toda a noite.

Chabi, Glenn e Iván son tres rapaces de vintecatro anos, procedentes da vila de Ordes e teñen un lema moi claro para definirse: tocamos rápido, bailamos ben, e facémolo en galego.

Compañeiros desde que naceron e con antecedentes en outros grupos do mesmo marco musical, xúntanse en Xaneiro 2013 para facer o que mellor saben, poñer a todo o mundo a saltar aló por onde van para que o seu rocanrol sexa festa e ninguén marche para a súa casa sen ter que suala camiseta.

Cun repertorio de 31 cancións, todas e cada unha delas de composición propia e en galego, permítense dar concertos de entre media e dúas horas de duración segundo a celebracion o requira.
As súas letras falan de todo canto nos rodea, dende os métodos máis elegantes para ligar, pasando pola reivindicación da volta da selección galega ou pola infancia dun neno marcada polo Xabarin; prentenden ser letras coas que todos e todas se poidan sentir identificados, con estribillos pegadizos que acompañan o ritmo rápido e o toque divertido para facer delas unha festa para todas as idades.

https://www.youtube.com/watch?v=5VL_Wfo76u8

SUPEROITO - Portarnos mal tema  
SINGLE adianto do novo disco. Grabado, mezclado e masterizado por Llei Mann en Estudio Mágico (Pontevedra).  
 Dirección: Producciones Genéticas 
Cámara : Eva Fernández Veiras 
Edición e montaxe: Antía Pimentel e Diogo Santos



Todo me da voltas son 13 temas como:

Non sabes bailar conta a historia dun rapaz moi torpe, cunha vida un tanto peculiarTrátase dun tema autobiográfico, mais en vergoña do noso cantante imos dicir que non é para tanto.
Rei da Pista é un manual de discoteca, para ligar, pero para ligar coma nos vellos tempos.
LOLOLO é a infancia galega, a do Xabarín, a dos bocadillos de chocolate e de pasalo día correndo.

Gravado e masterizado en Rapapoulo Estudios (o estudio de Mou de DKTC) compostos por Iván o cantante e guitarrista e musicados por todos os membros do grupo.



Este grupo ven rachando rexistros:
En seis meses grava un disco longo
En menos de un ano de vida levarán mías de 50 concertos
Exito masivo nas redes sociais

A súa música está en youtube, itunes, amazon, google play, shazam, deezer etc e subiran nun par de semanas o disco enteiro a descarga gratuita que agora mesmo andano a  vender, de momento en ordes
Burguer A Bolera
Cerceveria Bulldog
Cafe Wanda
Bar Milenium
Sala Jatopus
e Sala o Salvaxe
imos levar esta semana para compos e coruña
e facemos envios postais a todo o planeta

Esperamos que vos gusten, e moitas gracias adicarnos un cachiño do voso tempo.

No seguinte enlace podedes ver unha entrevista a Superoito http://postimg.org/image/oj3amwuvf/

Para contactar : 
Iván Paderne: 636187390 - 678678800
ivan@inestable.org
FACEBOOK: Superoito Galiza 
TWITTER: @superoitopunk