GRAMPODER Golf Whiskey

Para escoitar GRAMPODER preme eiqui

Grampoder son:

Le Roi e 
Martin Wu




Grampoder fan rock portátil, pop campestre, folk psicodélico, punk acústico, hardcore comeflores. O seu set cabe nun Seat Ibiza e din que tanto poden tocar no Carnegie Hall coma no hall dun piso de protección oficial. De feito, na súa curta traxectoria xa tiveron ocasión de actuar en bares, restaurantes, chiringuitos, museos de arte contemporánea, galpóns e salas de estar. Porque o concepto é ese: facer boas cancións, con melodía, enerxía e compromiso, e poder adaptalas a calquera escenario.
Grampoder despedíronse dos escenarios por unha tempada. Antes de marcharen déixannos Tigerland, un mini EP gravado o ano pasado que nunca chegara a editarse. É un traballo sen edición física, pero que podedes escoitar no seu bandcamp.


Tigerland foi gravado e mesturado por Tomás Ageitos nos estudios A Ponte (Santiago DC) a mediados de 2014. Masterizado por Dr. Chou. Composto e producido por Grampoder para Discos da Máquina.



Teclados por Cristovo Patiño

Deseño: LeGráfica





Golf Whiskey foi gravado e mesturado por Tomás Ageitos nos estudios A Ponte (Santiago DC) en febreiro de 2013. Masterizado por Dr. Chou.
Anisado
Porcos
Robert Millar
Capitalismo
Tormenta polar
A longa marcha
O Imperio do mal
Inocente!
Champagne
Helsinki
Minas de auga
Penalti e expulsión


Composto e producido por Grampoder para Discos da Máquina.
Deseño: Logoferoz
Fotos: aiGi boGa


Contacto: 
grampoder(a)gmail.com / 
686 976 139