PANDERETEIRAS DE TOUTON SERAN EN TOUTON


"Toutón é xa sinónimo de canto e pandeireta en toda a terra galega, pola súa riquísima tradición. Situada ao norte do concello de Mondariz , enmarcada nunha grande área do interior-sur da provincia de Pontevedra, onde a música tradicional, e sinaladamente o canto.








Entre os meses de novembro e marzo, cando os días son curtos e o traballo ía afrouxando, a mocidade das aldeas xuntábase para facer ela mesma un baile onde cantar, tocar e, sobre todo, namorar. Estes bailes recibían moi diversos nomes dependendo da zona: ruada, foliada, fiadeiro, polavila, trisca… e, nas comarcas do Condado, Paradanta, Baixo Miño e algún concello lindeiro máis, a estes bailes de pandeireta invernais adóitaselles chamar seráns."






O traballo contén:

Un Cd con 26 cantares gravados en estudo (agás un, homenaxe a Angelito O Xesteiro, finado pouco antes da gravación do traballo); e

Un DVD con outras 13 pezas gravadas en video, para poder ver o xeito de tocar e tamén de beillar; ademais de videos recentes dos seráns (unha recolla de 2005 e un breve documental do 2011), e un par de cortes en video da labrada recreada en 2002, cos cantares da aña e máis das labradas. Este DVD inclúe tamén un cartafol con outros 11 cantares que constitúen a "Cara B" do Cd e as correspondentes letras; e máis unha audio-entrevista a Esmeralda Amoedo (a tocadora máis veterana) sobre fotomontaxe.

Ademais, inclúe un folleto explicativo de 24 páxinas arredor da tradición dos seráns, as labradas, o ciclo do Nadal... que contén ademais as letras dos cantares do Cd.

O CD-DVD foi editado por Edicions do Cumio  http://www.cumio.com/libro.php?id_libro=694

CONTACTO ENTREVISTAS CONTRATACION:
Lucinda: 986 683 334 e 609 209 638