NAO CARTAS NO CADERNO


Para escoitar o adianto de cartas no caderno preme eiqui


CARTAS NO CADERNO

NOVO EP DE NAO


As “ Cartas no caderno “ están xa pechadas. Listas para compartir e espallar. Despois do paso adiante que supuxo o último disco “Cancións de amor e liberdade”, en menos dun ano, apresentannos as súas "Cartas no caderno".
Grazas á agarimosa acollida do anterior traballo e os novos camiños que se lle abriron ó grupo, tráennos agora, cinco temas cargados de intensidade e forza. Unha pequena xoia da música galega, que demostra o bo momento da banda e a súa condición para alcanzar novos retos e seguir crecendo.


Estas 5 cartas que nos envía NAO reflexan o compromiso, a creatividade, o amor e a elegancia coas que NAO trata as súas cancións, levando a súa proposta por novos derroteiros, pero manténdoos fieis ós seus principios. Un tema propio que dá nome o single e catro versións feitas desde o respecto e a admiración máis profunda: “Acción Galega” de Xenreira, “Os Vampiros “ do gran Zeca Afonso, “Como o vento “ de Sétima Legiâo e “Je Veux” de Zaz.

Neste disco NAO contan coa fortuna de achegar gorxas e instrumentos de persoas que coa súa actitude e determinación fixeron e fan historia. Nomes, países e traxectorias diversas cun nexo en común: a súa actitude. Aí están Xurxo Souto de Diplomáticos de Monte Alto (GZ), Sigaro e Picchio dos míticos Banda Bassotti (IT), Xosé Manuel Pereiro de Radio Océano (GZ), Álex – Eina, Inadaptats (PPCC), Manuel Payno de Caxade e Os tres trebóns (GZ), Jony e Fonta de Kaotiko (EH), Paula Chaves (GZ), Mini de A Quenlla (GZ) e Antía e Adrián da Liga Gaiteira Galega (GZ).

Nomes, países e traxectorias diversas que conflúen. Exemplo e referencia que marcaron as súas vidas e que hoxe teñen a sorte e privilexio de acompañarlles na gravación, e xuntos fan da  nova proposta un disco soñado, feito entre amigos, para seguir soñando, para seguir camiñando.

Con todos vos: Cartas no caderno, de NAO, gozádeo...


http://www.somosnao.com/?utm_source=Promo%C3%A7om+Galiza&utm_campaign=b88a705a79-NAO_CNC_20144_9_2014&utm_medium=email&utm_term=0_376aae5171-b88a705a79-52042021