SES tronzar os valos

Se algo podemos destacar de SÉS é o seu enorme carisma e forza persoal, xa de sobra amosada en centos de concertos e actuacións ao longo de toda Galiza, percorrendo diferentes escenarios, pobo tras pobo e cidade tras cidade. Aos poucos e grazas á transmisión boca-orella, a súa intensa personalidade e honestidade á hora de manifestarse,  foi conquistando o público cun caudal de enerxía que chama pola unión e o cuestionamento do establecido.
Formada na música e no baile tradicional, Sés é profesora e licenciada en Filoloxía Galega e Antropoloxía Social. En 2007 crea xunto a tres amigos a banda Chámalle Xis!, un dos grupos revelación daquel ano e un dos gañadores do concurso A Coruña Son, apadriñado por Santiago Auserón. 

TRONZAR OS VALOS (2015) editafo por Fol Música reúne 12 novas cancións (tronzar os valos, opio barato, 2000 anos máis, Sentir Sen Pensar, Como Eu Canto, Novas Ganas de Soñar, Baixo o Cemento, Máis Que Quimera,
Humanamente , Iconoclasta, Un Pensamento, Un Xeito de Borrarte ) que van supoñer o afianzamento e despegue definitivo da cantante con máis pegada do momento.


“TRONZAR OS VALOS” un traballo feito con orgullo identitario, frescura e vitalidade, que pretende concentrar nunha presa de cancións viscerais e paixonais a potencia do directo.


https://www.youtube.com/watch?v=_giwXzvr4t0
SES - TRONZAR OS VALOS

 Xa dispoñible edición física e álbum dixital 

Zona de compras  |  Amazon
Spotify  |  Deezer  | iTunes  | Google Play


DISCOGRAFIA PREVIA:
 
"Co xenio destrozado" 
O segundo disco de ses é un traballo feito con orgullo identitario, frescura e vitalidade, que pretende concentrar nunha presa de cancións viscerais e paixonais a potencia do directo. Temas de cantautora vestidos de blues, rock e sons do continente hispanoamericano.
Gravado nos estudios BRUAR, da Coruña, e producido por MARÍA XOSÉ SILVAR, a propia  SÉS,  neste traballo conta cos seus músicos habituais nos directos: Tito Calviño (guitarra), Marcos Pazo (batería) e Fran Sanz (baixo).
Formada na música e no baile tradicional, Sés é profesora e licenciada en Filoloxía Galega e Antropoloxía Social. En 2007 crea xunto a tres amigos a banda Chámalle Xis!, un dos grupos revelación daquel ano e un dos gañadores do concurso A Coruña Son, apadriñado por Santiago Auserón. 



Logo de colaborar con grupos coma Zënzar ou Xabier Díaz, publica no 2011
"Admirando a condición" o primeiro disco de Sés (o nome «caseiro» de María Xosé Silvar), un proxecto 100% en galego e 100% en feminino.



https://www.flickr.com/photos/24629645@N06/sets/72157643280111225/
Eiqui vos deixamos o enlace coas fotos do Concerto de SES na reconquista de Vigo. Agardo que vos gusten. O/A que queira algunha so ten que mandar un privado co seu correo electronico e mandamoslle un DropBox https://www.flickr.com/photos/24629645@N06/sets/72157643280111225/




CONTRATACIÓN SES

DZPro
 

ivan@dezetapro.com
 
T. +34 649381132