
SOBRE O PROXECTO

Pitusa Semifusa é un proxecto para o que Olga Brañas se rodeou dos máis importantes músicos do panorama galego, dende Sérgio Tannus a Uxía, pasando por Xiana Lastra, Quim Farinha, Anxo Pintos ou Ramón Bermejo, entre outros. Entre todos eles argallan cancións que nos permitirán viaxar pola voz, os ventos, os metais, as cordas... nunha mestura musical e vocal diante da que ninguén quedará indiferente.
Unha proposta para gozar da música dende as idades máis temperás da man dunha cativa, Pitusa
Semifusa, cantareira e festiva.
SOBRE A AUTORA
Olga Brañas é Licenciada en Historia da Arte e ten o Grao Profesional en Piano. Estudou ademais harmonía e percusión. É de Ourense e vive en Santiago. Dende moi nova destacou como pianista e pandereteira.
Membro de Brañas Folk dende hai máis dunha década, onde deu mostras da súa habilidade xa non só como instrumentista senón tamén como compositora. Foi membro fundador de Folk Focus e da desaparecida Banda Tradicional de Gaitas Ourensá. Sempre di que leva compoñendo dende que ten uso de razón. No mundo da música, a súa traxectoria e inquedanzas levouna a colaborar cos músicos como Uxía, Sérgio Tannus ou Víctor Coyote… ‘Pitusa Semifusa’ é a súa primeira incursión na música infantil.

SOBRE O ESPECTÁCULO


LIGAZÓNS DE INTERESE
Podedes escoitar o CD en Spotify:
https://play.spotify.com/album/0bTVUTHm7dQiO3QOkSUQEi?play=true&utm_source=open.spotify.com&utm_medium=open
Ver algunha crítica sobre o traballo:
http://brabadegos.blogspot.com.es/2014/05/xa-podes-tocar-o-acordeon-e-non.html
Escoitar a entrevista en Racio Nacional (minuto 11,40):
http://www.rtve.es/alacarta/audios/informativo-de-galicia/informativo-galicia-01-05-2014/2540169/
Ou ver algunha noticia no telexornal da TVG, do día da presentación:
http://www.crtvg.es/informativos/pitusa-semifusa-un-libro-disco-para-que-os-mais-cativos-descubran-os-instrumentos-musicais-809584
http://www.crtvg.es/informativos/musicos-e-artistas-galegos-presentan-o-libro-disco-infantil-pitusa-semifusa-coa-editorial-galaxia-809808
Se todo isto vos gusta, podedes seguir as novas no noso facebook:
https://www.facebook.com/pages/Pitusa-Semifusa/649195471802162?fref=ts
![]() | http://www.editorialgalaxia.com/weblog/?p=21749 Reportaxe, ben completa, que emitiu a Televisión de Galicia sobre a presentación do libro-disco PITUSA SEMIFUSA |
CONTACTO
pitusasemifusa@gmail.com
