ESQUIOS PORCOCAN A DESCARGA GRATUITA

Ola! Esquíos rematamos de empezar os ensaios sen Moro, estamos probando cantantes o que implica que imos seguir adiante, sen presa pero sen pausa, iremonos afinando de novo e cando se poida continuaremos presentando o noso ultimo traballo(Porcocan)...
A cousa é máis complicada do que parece porque Pedro, o noso baixista de sempre, ten que deixalo por motivos de estudos e traballo, co cal tamén temos que buscar un baixista novo...
A todo isto engadide que é moi probable que incorporemos unha guitarra adicional, xa iremos anunciando os novos compoñentes.
Por outra banda, non tiñamos pensando nin "De broma" poñelo noso ultimo disco en descarga de balde por motivos varios, pero como o que máis queremos é que o traballazo que fixo Moro no mesmo chegue a máxima xente posible, na seguinte ligazón tendes o "Porcocan" para descargar e facer con el o que vos pete(a nosa idea é que o escoitedes...pero cadaquen...).

Descarga da edición dixital de "Porcocan":

https://hotfile.com/dl/213054962/68c451e/Esquos_-_Porcocan.rar.html

Saúdos!!