LIGA GAITEIRA GALEGA FOLK & ROLL

 Liga Gaiteira Galega nace a finais do 2011 en Santiago de Compostela. en plena Galiza tropical. sendo unha amalgama de amigos e amigas. unid@s a través dos diferentes espazos universitarios, que decidiron xuntarse ao redor da música tradicional para pasar un bo rato. contar uns contos e desenfurruxar os seus instrumentos.

Liga Gaiteira Galega son:


Xabier I. Villares  Toca: Tambor, caixón, batería
Bieito Barreira  Toca: Gaita, whistle, Low Whistle, Pínfano, Guitarras, Ukelele
Antía Comesaña González  Toca: Pandeireta, Pandeiro, Ovo, Cunchas
Adrián Cepeda Toca: Bodhran, Bombo, Cunchas, Culleres


Folk & Roll é o seu primeiro album de estudio, 17 temas para os que se rodearon de amigos e colaboradores.
Foi gravado e misturado por Tomás Ageitos no Estudio A Ponte (apontestudio.com) en maio de 2014.
fotografia de : Nuria Pampin

Cando o teñades nas vosas mans teredes un verdadeiro traballo artesanal, feito a man pola Liga Gaiteira Galega.
  

MAIS INFO:
http://www.ligagaiteiragalega.com

CONTACTO:
ligagaiteiragalega@gmail.com