REVENIDAS 2014

O XI FESTIVAL REVENIDAS CONFIRMA O CARTEL
• 23 actuacións e máis de 20 actividades de balde completan unha programación para todos os públicos.
• Os días 22, 23 e 24 de agosto Vilaxoán voltará ser o epicentro da música de Galicia, no Festival 100% galego
Os bonos para os días de pago xa están a venda por internet a 18 euros, que inclúe acampada gratuíta nas
dúas zonas reservadas ao carón da Ría de Arousa.

O venres 22 de agosto o Festival comezará coas actuacións de;
Heredeiros da Crus,
Diplomáticos de Monte Alto,
Ulträqäns,
Rastreros
e os Djs DZ Selectors e DJ Crebinsky

O venres comezará cunha intervención gráfica do colectivo Desordes Revenidas, que farán unha intervención plástica nos arredores da Praza de Abastos de Vilaxoán.

As actividades da tarde complétanse cunha sesión especial Bravú no Mercado do Peixe. Rodri Suárez e Xurxo Souto farán a presentación do libro “Non temos medo”, historia oral dos Diplomáticos de Monte Alto, a primeira biografía dun grupo galego de rock. Trala presentación terá lugar unha conferencia a cargo de Pinto d´Herbón “Vinte anos de
pemento e regueifa”, e un concerto acústico xunto con Xurxo Souto.

Tamén terá lugar a inauguración da Feira Revenidas, con postos de produtos culturais e creativos galegos que estará aberta ao público durante os tres días que dura o festival.

O sábado 23 de agosto á mañá será o pregón oficial do acto, para dar comezo
á sardiñada popular, onde degustar sardiñas revenidas, que xunta cada ano arredor de 5000 persoas no Parque de Vilaxoán. A tarde do sábado complétase con actividades para todos os públicos, pasarrúas a cargo de Os Terribles de Arousa,  Fanfarria Taquicardia e Bombo Tambor. Posteriormente terá lugar o espectáculo para disfrutar en familia a cargo de Don Gelati Clow e arredor das 19:00 horas no Escenario Sáhara, tamén no parque de Vilaxoán, os asistentes disfrutarán da Gala do Circo Revenidas en solidariedade co pobo saharaui. Con Isabel Risco, Dani García Maxía, Isla Letrisca Circo e Malabares e Alas Circo Teatro Aéreos.

A xornada do sábado complétase pola noite coas actuacións musicais de:
Sés,
Terbutalina,
Dakidarría,
Nao,
Noite Fechada,
Liviao do Marrao
e Brigada A.M Soundsystem.


O domingo 24  comezará coa actuación para os máis pequenos de Peter Punk
Circo, a Charanga da Compañía do Ruído, e as actuacións de Leo e Arremecaghona, Tandub, Borderline 79 e Alpargata.

A organización ten previsto máis sorpresas para completar a programación, á vez que lembra que aínda está aberto o prazo de inscripción no II Concurso de Grupos Emerxentes Revenidas.


Máis Info:
REVENIDAS http://www.revenidas.com