OS MELIDAOS



Os Melidaos  “Os gaiteiros que cantan”
O grupo de música tradicional galega Os Melidaos naceu no ano 2001 en Melide pola unión de músicos de diferentes xeracións e variada procedencia que consideran que a música tradicional é un tesouro que cómpre conservar. Estes sete gaiteiros que cantan veñen desenvolvendo a súa actividade musical, dende hai máis de dez anos, con aquel principio como guía.

"O pobo que non amosa orgullo polas súas raíces, non terá futuro como tal”.
 

O seu repertorio nútrese de pezas do cancioneiro tradicional, dos arquivos dos Coros Históricos, de diferentes cuartetos ou agrupacións relevantes do noso país, cancións recollidas por eles mesmos; así como outras pezas da súa creación.


Os sete membros dos Melidaos son:

- Marcelino Vázquez Fernández- Gaita
- Pepe Taboada Sánchez- Clarinete
- Pepiño Blanco López- Bombo
- Xosé Luis Casal Lema- Tamboril
- Antonio Raposo Vidal- Gaita, pínfano, pandeireta e cunchas
- Diego González Vázquez- Gaita e pandeireta
- Xele Barrio Blanco- Acordeón


“FESTA NA CODESEIRA” (2015)
O novo disco de Os Melidaos foi gravado en Abrigueiro Estudios de Friol por (Arturo Vaquero).  Son 15 pezas compostas por Antonio Raposo, 1 de Diego González e 1 de Marcelino Vázquez.
Delas 9 son cantadas o que nos da unha idea clara da importante presenza da voz.

No disco imos atopar pasodobre, muiñeira, valse, marcha de procesión, foliada, pasacorredoiras e, por suposto, alalás, pezas imprescindibles na nosa tradición musical polas que senten auténtica devoción. 




O Deseño gráfico correo a cargo de  Creación Animal (Caridad Rodríguez Pazo- Melide) con fotografía de Francisco Ares (Sete Varas)..
Vestiario de  Patri (Patricia González Iglesias)

Edición e distribución: Inquedanzas Sonoras e a  Produción Executiva de Xusto Molejón V

A tiraxe foi de so 2.000 exemplares asi que apurade para que mercalo denantes que se esgoten !!




DISCOGRAFIA PREVIA:


Axudádeme a cantar é o título do segundo disco do grupo de música tradicional galega Os Melidaos

Este disco, que foi gravado nos estudos Abrigueiro, de Friol, está composto por catorce pezas, varias delas cantadas, e algunhas compostas por membros do grupo. É o caso do Pasodoble de Marcelino, o veterano gaitero, Marcelino Vázquez, e a peza Pasando pola vila de Arzúa, que compuxo a voz principal do grupo, e mestre musical, Antonio Raposo.

Distribue: Inquedanzas Sonoras




Gravaron o seu primeiro disco no ano 2010, o cal titularon “Que ben baila, que ben baila”, e neste segundo inclúen por vez primeira, as voces de dúas dos seus membros.








No ano 2012 e coincidindo coa celebración do seu décimo aniversario, o grupo actuou no programa da Televisión Galega, Luar, e en dúas ocasións máis no teatro Rosalía de Castro, da Coruña. Outra das súas participacións foi diante da emigración galega, na localidade de Santurce, en Euskadi.

Sete xenios, que poñen todo o seu saber e valer en exaltar a nosa música tan enxebre, que levan no corazón.

CONTACTO:

osmelidaos@gmail.com 

TLF: 610 515 591/ 615 288 593