BIRIBIRLOCKE


Somos Biriribirlocke, cada día uns poucos máis. Empezamos nisto do rock and roll en 2010 e desde entón non paramos un minuto, fervendo notas desde Bugallido, corzos oriúndos do concello de Ames.

Formamos a banda:


• Benja (voz)
• Héctor (batería e coros)
• Raul (guitarra)
• Torroncho (baixo e coros)
• Martín (saxo)
• Miguel (trompeta)
• Amaro (saxo)
• Roque (trombón)
.





 Debutamos en directo na Festa da Mocidade do Milladoiro (Ames) e despois diso pasamos polos escenarios da Sala Moon (Santiago), Sonar (Santiago), Sala Capitol (Santiago), Sala La Reserva (Carballo) ou o Pub Gatos (Melide), entre outros. Participamos ademais nos festivais Centolo Deluxe, Quantum Music Festival e Landra Fest.

Tivemos o pracer de compartir táboas con grandes da terra como “Medomedá”, “Bolboreta”, Xavier Díaz, Josito Porto ou “Ruxe Ruxe”. Estamos preparando o lanzamento do noso primeiro EP con Iago Pico na “Pousada Son Estudios” (Ames), despois de gravar maquetas en “A Casa do Rock” (Luou).
O noso é facer festa, combinando cordas e aire nun rock and roll galego.

 




Biribirlocke

Unha Pequena Cousa Fundamental

Coa colaboración do gran Martín Esturao

Ilustración de @quen_son.

Gravado por @iago_pico en @pouland_studios.

Para este tema contaron coa colabvoración de Pau Trombon e de Abel Gañete.

https://www.youtube.com/watch?v=zYRpX-ZTT1I


Biribirlocke

Nova Viaxe

Este tema foi gravado fai máis de catro anos. Non temos ningunha explicación pola que non se fixo público antes, foi como foi e non hai máis.

Foi gravado pola anterior formación onde estaban Arturo, Pais, Patato e Bernal, en @pouland_studios polo marabilloso @iago_pico.

Para este tema contaron coa colabvoración de Pau Trombon e de Abel Gañete

A ilustración que acompaña a canción é do artista Juancito


https://www.youtube.com/watch?v=mLn7rUjWdIk





Tentando a Sorte
Tentando a sorte é o nome que recibirá o seu seundo disco. Un CD no que levan meses traballando e que poderedes ter no peto o vindeiro mes de abril.

Nesta nova etapa abrimos o campo de mira, abarcando outros estilos ata o de agora descoñecidos na banda, pero sempre mantendo a esencia e son que caracteriza a Biribirlocke.

Nesta nova aventura temos o pracer de contar coa colaboración de José Alfonso Pais, Moisés Barreiro, Bernal Muiños e Sergio Piñeiro.

Está composto de doce cancións das cales xa fixemos dous adiantos audiovisuais ; “Perdinme no Mar” e “Marchar”. A gravación das 8 cancións que completan este disco están programadas para este mes de febreiro.

BIRIBIRLOCKE - Marchar

https://www.youtube.com/watch?v=eI13taj5_Uc

 https://www.youtube.com/watch?v=eI13taj5_Uc

BIRIBIRLOCKE - Perdinme no mar 

https://www.youtube.com/watch?v=mqXYHOQ6rQE

 https://www.youtube.com/watch?v=mqXYHOQ6rQE




DISCOGRAFIA PREVIA:


CORZOS
Este verán, 2014, estivemos case exclusivamente adicados ao noso primeiro proxecto discográfico, este, está sendo elaborado na “Pousada Son Estudios” que dirixe Iago Pico.
Este novo EP estará formado por 7 temas inéditos, nos incorporamos o que creemos que é nosa marca persoal: unha sección de vento composta por dous saxos, trompeta e trombón.
A proposta deste disco é un rock duro, festeiro, na que os ventos traen recordos de tradicións propias da cultura galega, combinándose todo coas tendencias do panorama do rock internacional.
Este disco é autoproducido na súa totalidade e todos os membros do grupo tiveron parte o recaudar o coste total cas súas tocatas por toda a redonda.


PODEDES ECOITARLOS EN :

http://biribirlocke.bandcamp.com/track/corzos

Single: Forasteira dor

Directo: Xabaxeración

Canción polo de agora subida: Xa estás aquí http://youtu.be/BYRQdzUSecE




QUÉ DI A PRENSA DE NOS

http://www.elcorreogallego.es/terras-de-santiago/ecg/chega-rock-base-instrumental-vento/idEdicion-2013-10-29/idNoticia-834425/

http://www.farodevigo.es/portada-arousa/2014/08/19/biribirlocke-cumple-sueno-actuar-as/1077639.html

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2014/08/18/intentaremos-dar-os-maximos-concertos-posibles-dende-xa/00031408395941059949351.htm

BIRIBIRLOCKE [CONTACTO]
Correos:
biribirlocke@hotmail.es
benjaseoane@hotmail.com
amarosampedrolopez@gmail.com

Redes Sociais:
https://twitter.com/biribirlocke
https://www.facebook.com/Biribirlocke https://www.youtube.com/user/BIRIBIRLOCKE/videos
http://biribirlocke.bandcamp.com/track/corzos

Teléfonos: Benja ( 618510105) Hector (628886568)