KEPA JUNKERA ELELE VIDEO PROMOCIONAL DE GALIZA

Video promocional da grabación do novo disco/libro de KEPA JUNKERA "GALIZA" onde aparecen algúns dos músicos e cantantes que participan neste novo e ambicioso traballo do músico euskaldún. A banda sonora deste clip corre a cargo de BANDA DAS CRECHAS con un temazo titulado "ELELE".

https://www.youtube.com/watch?v=q7uSrcb6Fps




GALIZA sae á venda o vindeiro 26 de novembro.

KEPA JUNKERA, o músico euskaldún máis importante, influinte e internacional do momento, edita co selo galego FOL MÚSICA o proxecto máis ambicioso da sua carreira: un traballo discográfico rodeado das mellores formacións e artistas da actual escena tradicional de Galicia.

En "GALIZA" a trikitixa, o tradicional acordeón diatónico vasco, fóndese á perfección coas gaitas, as voces, os pandeiros, as arpas, os acordeóns... para crear un universo de música tradicional perfecto. O eixo musical GALIZA-EUSKALHERRIA tivo moitos achegamentos ao longo dos anos, pero nunca estivera tan ben representado como neste dobre álbum de KEPA JUNKERA.

"GALIZA" conta cunha presentación espectacular: un libro de 23 x 23 cm, de tapas duras, 50 páxinas con ilustracións, fotos e textos.

Este disco/libro ten un ambicioso plan de mercadotecnia e promoción que inclúe presentacións confirmadas en Galicia, Euskadi e Madrid. Firmas de discos e showcases en Fnac A Coruña e Madrid, tendas Elkar, Feira de Durango... e promo presencial nestas cidades.

Todo un acontecemento na escena da música tradicional da Península ibérica

http://musicaengalego.blogspot.com.es/2012/10/kepa-junkera-galiza.html