Os tres TENedORES Cocido sinfónico



Levan dende o 2010 actuando por toda Galicia cunha bagaxe de máis de sesenta actuacións.
Contan con espectáculos innovadores de teatro, música e humor, dirixido a un público infantil e familiar onde se mestura o coñecemento sobre as distintas familias de instrumentos, estilos musicais máis relevantes, instrumentos de refugallo, variadas coreografías... ofrecéndoo dun xeito divertido, didáctico e orixinal, onde os rapaces e rapazas son tamén os protagonistas principais do espectáculo.

En definitiva, un grupo de docentes e musicólogos con ampla experiencia no eido das artes escénicas e musicais.
Son un grupo de animación musical, que mestura música, teatro e humor, con fins didácticos, especialistas na mellor cociña musical para comensais de bo e primeiro dente, que son os rapaces e rapazas de entre catro e quince anos.

  

Receita para facer un cocido sinfónico ou sinfonicocido sen desafinar de máis.


Libro-CD Cocido Sinfonico

Lista de cancións:
1- A praza
2- Qué cociñamos...?
3- Fame blues
4- Ñam
5- Pre Impo hop
6- Impo hop
7- Metelle o dente
8- Números
9- Para traballar
10- Par ou limpar
11- Himno de Os Tres Tenedores



Listo para degustar un Cocido Sinfónico? E iso que clase de comida é? O Cocido Sinfónico está preparado con sopa morniña en clave de sol polos Tres Tenedores, os únicos cociñeiros do mundo tan tolos como para ser quen de inventarse algo tan disparatado e divertido. Todas as cancións que atoparás aquí están preparadas a base de boa música, retrousos divertidos e cancións de primarísima calidade. Tómase sen culler nin prato. Atréveste a probar este "sinfonicocido"?
Listo para degustar un Cocido Sinfónico?

E iso que clase de comida é? O Cocido Sinfónico está preparado con sopa morniña en clave de sol polos Tres Tenedores, os únicos cociñeiros do mundo tan tolos como para ser quen de inventarse algo tan disparatado e divertido.

Todas as cancións que atoparás aquí están preparadas a base de boa música, retrousos divertidos e cancións de primarísima calidade.

Tómase sen culler nin prato.

Atréveste a probar este "sinfonicocido"?


ILUSTRACIÓNS:
DANI PADRÓN

LETRA E MÚSICA: OS TRES TENEDORES



https://www.youtube.com/watch?v=KF35NFLzg3E
Que cociñamos ,,,?
Canción incluída no libro-disco Cocido sinfónico de 
Os tres tenedores, da coleción Sonárbore (Ed. Galaxia 2014).


contacto: 
Saúl 667989493 
ostrestenedores@gmail.com