SONDESEU

Sondeseu é unha Orquestra folk, a primeira do seu xénero, que foi quen de abrir un novo camiño na reelaboración da música de treadición oral galega, arranxados especialmente para a formación polos seus compoñentes e responsables das distintas seccións, que abranguen gaitas, percusión, zanfonas, violíns, requintas e frautas de madeira, canto, arpas e corda pulsada.

SonDeSeu naceu no ano 2001 no antigo departamento de Música Tradicional da Escola de Artes e Oficios, hoxe Escola Municipal de Música Folk e Tradicional de Vigo, e-Trad, experiencia singular que persigue a fusión entre formación especializada, práctica escénica e música en comunidade. Dende entón leva unha traxectoria ascendente que a proxecta no panorama español e internacional, con tres publicacións discográficas e numerosos recoñecementos públicos. Os concertos ao vivo son unha celebración da recuperación do patrimonio oral e a súa integración na modernidade urbana no que o público, integrado por xente de diversa idade e procedencia cultural, toma parte activa. Na actualidade, en colaboración co Concello de Vigo, SonDeSeu lidera o proxecto ENFO (European Network of Folk Orchestras) no que se está a impulsar a creación de novas orquestras por toda Europa para consolidar unha rede estable de participación e intercambio.

Beiralúa é un disco de celebración da vida plenadunha orquestra folk.

Beiralúa é un lugar onde, sobresaintes compositores e músicos galegos xunto con voces representativas do panorama actal, se xuntan cos mestres e compoñentes da orquetra para danzar unha coreografia simbolica de unión en torno a un proxecto común.

Deste xeito atoparemos pezas encargadas pola orquetra a prestixiosos compositores como Xosé Lois Romero, Quico Comesaña ou Pedro Lamas entreváranse con cancións presentes xa no imaxinario colectivo, clásicos como Ahi ven o maio, ou campanas de Bastabales, interpretadas por grandes voces como Rosa Cedrón ou o Orfeón Treixadura. Remeta cunha composición de Anxo Pintos adicada a Illa de San Martiño que pon de manifesto as enormes posibilidades tímbricas da formación viguesa creada hai dezasete anos no seo da actual Escola Municipal de Musica Folk e Tradicional, a ETRAD, e que hoxe se consolida xa como a auténtica OIrquetra Folk de Galicia.


DISCOGRAFIA PREVIA:

Danzas Brancas

Este  traballo contén temas de músicos galegos de recoñecido prestixo vinculados á propia orquestra como Anxo Pintos, Xaquín Xesteira, Xosé Liz e Rodrigo Romaní.

Danzas Brancas, conta coa colaboración de Kepa Junquera que nesta ocasión se funde cos máis de corenta instrumentistas que forman a primeira orquestra folk de Europa.

Danzas Brancas resulta ser unha evocación da tradición personificada nun tipo peculiar de danza vinculada a celebracións relixiosas con forte influenza de elementos pagáns anteriores referenciados mesmo na idade media. A gravación reflicte con fidelidade o ambiente e a enerxía que Sondeseu transmite nos seus directos, cheos de forza e poder de comunicación.




Para escoitar SON DE SEU preme eiqui









Barlovento 2010





Trastempo 2007






Mar de Vigo 2004







Para máis info: sondeseu.org





Ningún comentario:

Publicar un comentario