NELSON QUINTERO ORQUETA GHARBO!

O DISCO

O disco “Orquesta Gharbo!” traza un punto de
inflexión na carreira artística de Nelson Quinteiro.
Despois dunha carreira musical e teatral de fondo
agarda á madureza para botar a andar o seu
primeiro traballo discográfico.
Proxectado grazas a unha campaña de
crowdfunding a través das plataformas
www.verkami.org e www.gharbo.org/crowdfunding o proxecto fai das redes sociais e das novas tendencias de xestión cultural a súa pedra angular, cunha páxina web de referencia e de paraugas (www.gharbo.org)

Alén desta novidosa fórmula de finanzamento, a proposta musical non deixa de ser tamén innovadora.
Música tradicional galega con influencias de todo o mundo; onde non hai gaitas nen pandeiretas pero sí serrucho, zendrum, pedais de loops, delay, piano, saxo, traveseira, guitarras, e onde as polifonías, ben na voz de Quinteiro ou complementadas por colaboradores tan contundentes como Silvia Penide, María López, Xandre Outeiro ou un coro de homes da charanga “Os Estalotes” ou da coral “Cantigas e Agarimos” enchen o disco dun sinfín de matices e melodías que van dende A Marola até Angola pasando polo Golfo de Bizkaia ou os xardíns da Alhambra. Todas estas viaxes nun disco no que a sensibilidade artística de Nelson Quinteiro impregna todo, nunha homenaxe ás voces das persoas anónimas que enchen a nosa intra-historia e que aquí cobran protagonismo.

Un disco composto por nove temas que van dende o pop ao bravú pasando por temas con arranxos de
música mediterránea, tango, música trovadoresca, Angola ou Cabo Verde, Portugal, Euskadi. O barrio
de San Pedro en Santiago de Compostela, Cangas do Morrazo, A Coruña, o Mar do Orzán.

1) CANTO DE ANDAR O CAMIÑO
2) BALDAIO
3) TANGO DA ILLA DE ONS
4) AS MANS PERDIDAS
5) MAROLA
6) DONA AUSENDA
7) HAIZE EGOA
8) SOFÁN
9) SOFRIMENTO

Nelson Quinteiro.


Cangas. 1979. Cantante, actor, bailarín, guionista e director de escena. No ano 2012 leva adiante a coproducción
GHARBO! co Centro Coreográfico Galego. Ten creado e dirixido 7 edicións do Festival
Galego de Cabaré.
Dirixe dende o ano 2006 a Compañía Femme Fatale de teatro de rúa e cabaré, creando espectáculos como “As Nenas Perdidas”, “Unha cadeira para mover o mundo”, “Cabaréncrise”, “Brancas. Itinerario escénico urbano”, Master Class Cabaret, etc... (+ Info en www.cabare3.org).
Como cantante destaca como patrón do grupo Cabesa de Pau ou grumete de grupos como Liñaceira ou
Maghúa Pandereteiros.
Como vocalista crea espectáculos como "As Mans Perdidas", "Danza e Contradanza" ou "Gharbo!".
Despois dun proxecto de crowdfunding a principios do 2013 entra en fase de gravación o día 16 de
setembro nos estudios da Fundación Autor Arteria Noroeste -SGAE de Santiago de Compostela, da man
de Gerardo Amigo e acompañado dunha serie de músicos e colaboradores de cara a gravar o que será o
disco "Orquesta Gharbo!".
Tradición, pedais, cables e mais cables
Se hai algo característico de Nelson Quinteiro á hora de arranxar os temas tradicionais é o uso de pedais de loop, delay ou ecualizadores sobre os que arma polifonías, xogos vocais ou dende os que dispara bases de percusión sampleadas, escenas sonoras ou outro tipo de recursos tecnolóxicos que convirten as melodías tradicionais en algo completamente vixente e actual.



A BANDA

Quizais un dos aspectos máis orixinais da Banda Gharbo! Sexa a súa formación musical, en canto a que
se abordan temas tradicionais e músicas do mundo dende unha perspectiva moi actual, empregando
recursos tecnolóxicos como pedaleiras de loop e delay, zendrum (batería midi), gaita midi, serrucho,
samplers, guitarra española e eléctrica, teclado, baixo, saxo ou traveseira.
O resultado é un son moi versátil e orixinal que se convirte nun espectáculo xa simplemente pola
execución e desenvolvemento destes instrumentos en directo, empregados dende unha perspectiva
escénica e que acadan momentos de grande evocación escénica.


PULPIÑO VIASCÓN
Home orquesta, multiinstrumentista, clown e personaxe en sí mesmo ten formado parte das mellores bandas do rock galego, como “Os Diplomáticos de Monte Alto” ou “O Jarbanzo Negro”.
Colabora regularmente con un cento de músicos que van dende Manu Chao a Xoel López, Iván Ferreiro, Silvia Penide ou outros, e ten participado de propostas escénicas de calado como a Carpa de Nunca Mais ou a Cultura Circula da Xunta de Galicia xunto coa compañía teatral “Chévere”. Entre os seus éxitos máis recentes contan a súa participación no grupo BONOVO ou o premio A POLO GHIT da Radio Galega co videoclip “In the Ocean”, a participación na presentación oficial do libro "Os libros arden mal" de Manolo Rivas, etc... Actualmente, ademais de mover un espectáculo de serrucho e acordeón con proxeccións participa da Banda de Tonhito
de Poi e como non, na Banda Gharbo! de Nelson Quinteiro!


FRAN CASTRO
Pianista, baixista, cantante. Coñecido pola súa participación en bandas como Strauss (vocalista) ou Mr Dixie Jazz Band (Dixieland) a Rumba Oeste (Rumba) ou Pulpiño Viascón (nestes tres como pianista).
Agora mesmo toca o piano con Silvia Penide (Cantautora), Turma Caipira (Música do Brasil) e é baixista e unha das voces en Los Mecánicos. Estudiou Son na Escola de Imaxe e Son da Coruña facendo o son e compoñendo a música para curtametraxes.
Estudou piano, voz, harmonía e arranxos e composición en Estudio Escola de Música
(Santiago) e tamén clásico no Conservatorio coruñés e logo no Superior de Jazz da Coruña.

ÁLEX LORENZO
Músico, arranxista e compositor nado en Vilanova de Arousa. Estudou o Grao Elemental na
Escola Municipal de Música Bernardo Del Río, de Vilagarcía de Arousa, e o Grado Medio no
Conservatorio Profesional da mesma localidade, graduándose na especialidade de
guitarra.Obtivo a diplomatura en Maxisterio Musical pola Universidade de Vigo na Escola de
Formación do Profesorado de E.X.B. de Pontevedra.
Cursou ademáis estudos de Composición no Conservatorio Superior de Música de Vigo, e
estudos de jazz na Escola de Música Estudio de Santiago de Compostela e no Seminario
Permanente de Jazz de Pontevedra.
Durante anos traballou tocando en varias orquestas da verbena galega. Ó longo dos últimos anos
ven compaxinando a súa función docente como mestre de primaria con actuacións con diversas
formacións musicais: A Tarantela Rabuda, El Verasón, J.I.T., A Tuna Ratafari, etc.
Ten publicados varios traballos discográficos con algunhas destas formacións e con outras
anteriores.

EDUARDO MÉNDEZ “DUBI”
Dende 1998, traballa como coordinador da Área de Música Tradicional e mestre de gaita na Escola de Música da Coruña, onde entra en contacto coa música moderna e jazz. Comeza co saxofón en 2004.
Participa en master class de saxofón con John Cennet Jhonson, Jean Toussaint, Martin Hathaway, e harmonía moderna, composición e arranxo con José Antonio Acuña, Scot Stroman e Nikki Iles. Entra como alumno de saxo na primeira promoción da especialidade
de jazz: a teoría e práctica da improvisación no Conservatorio de Música da Coruña; baixo a dirección de Roberto Somoza.
Participa de varios proxectos dirixidos e compostos por Scot Stroman como a Jazz Masa, co trompetista Kenny Wheeler, ou o proxecto baseado na música tradicional galega no que coopera activamente. Nos últimos tempos frecuenta varios cursos con Xefa Alonso e
continúa o seu adestramento.


COLABORADORES/AS
Silvia Penide
Voz principal no tema “As Mans Perdidas”
Xandre Outeiro
Voz principal no tema “Sofán” e zanfona en “Dona Ausenda”
María Faltriqueira
Voz principal en “Dona Ausenda” e coros en “Baldaio” e “Canto de andar o camiño”
Os Estalotes
Coral Cantigas e Agarimos
Coros no tema
“Tango da Illa de Ons”
Miguel Sotelo
Danza tradicional galega na posta en escena do espectáculo “grande Orquesta Gharbo!”
Iván Villar
Danza contemporánea e tradicional galega na posta en escena do espectáculo “grande Orquesta Gharbo!”

Tanto o disco “Orquesta Gharbo” como o seu reflexo en directo conta coa participación dun grupo de
profesionais da voz, da danza ou da escena que fan deste traballo unha aposta coral e un certo manifesto
xeracional.
Artistas que foron pasando polo camiño de Nelson Quinteiro ao longo destes últimos 15 anos de
traxectoria profesional e cos que ten trazado un vencello máis especial.
Todos eles conforman un son e unha posta en escena contundente; aberta ás máis dispersas
sensibilidades e que de seguro dará moito que falar.


CATÁLOGO AECID 2014
O proxecto "Nelson Quinteiro e a Banda Gharbo!" foi seleccionado por un comité de expertos nomeado
pola Axencia Española de Cooperación e Desenvolvemento para formar parte do seu catálogo artístico
que ano tras ano ofrece ás embaixadas e Centros de España no estranxeiro.
De entre as diferentes categorías ofertadas dende este organismo, o noso proxecto entrou na categoría
"Fusión", sendo integrante desta sección con outros catro grupos do resto do Estado.
O funcionamento desta rede sitúase dentro dos convenios que a axencia ten con estes organismos no
estranxeiro; podendo estes solicitar ó artista cunhas condicións de co-producción moi ventaxosas.
Agardamos que esta sorte de ser escollidos para este catálogo nos poida abrir as portas de cara a cruzar
o charco e presentar o noso disco "Orquesta Gharbo!"
Xa de partida é unha inmensa honra, tendo en conta tamén o bagaxe e talla dos personaxes que
formaron parte dese tribunal de selección.
Para estes organismos ofrécese a posibilidade de mobilizar diferentes combos dos que ofrecemos para
presentar o disco "Orquesta Gharbo!", dende o formato solista, no que Nelson Quinteiro ofrece o
repertorio do disco empregando os medios ofrecidos polas pedaleiras de loops, escenas sonoras,
samplers, o formato dúo, no que pode ser acompañado ben por un guitarrista, pianista ou
multiinstrumentista, ou o formato banda, ofrecendo a formación ao completo (voz, guitarra, teclado,
percusións, saxo, etc.
Paralelamente, e tamén a través da AECID ofrécense ás ambaixadas a posibilidade de complementar a
súa oferta mediante os talleres "A Voz e a Emoción" ou "Laboratorio de Cabaré Contemporáneo" que
impartiría o propio Quinteiro.

EN PRENSA

De cativos nunca soubemos por que teimaban en regalarnos globos terráqueos.
Con cada xiro, sinalabas un punto e un día saíache Katmandú e outro as Illas Feroe, que eran sitios
rarísimos que quedaban moi lonxe.
O caso era acariñalos cos dedos e imaxinar viaxes mentres comprobabas que os cumios dos Alpes,
misteriosamente, tiñan o mesmo tacto que as estepas rusas.
Bastantes anos máis tarde, xuntándose cun feixe de colaboracións amigas, un de Cangas fixo xirar a
Orquestra Gharbo! con ese mesmo espírito de sorpresa e curiosidade porque a tradición segue a ser un
lugar que sempre nos deixa coa boca aberta.
Da súa voz e das súas mans emerxeu unha paisaxe na que cohabitan tangos, muiñeiras e pasodobles con
alalás e con jotas, atravesada por sonoridades que se arriman á sinxeleza pop e á contundencia do bravú
coa mesma naturalidade coa que se presentan a peito descuberto.
Agora que podemos percorrela, mesmo cos ollos pechados, sabemos que acolle a emoción e o
sentimento de quen se atreveu a sospeitar moitas máis viaxes que as que nos regalaban os mapas.
De Angola a Euskal Herria, pasando por Cangas ou o barrio compostelán de San Pedro, todos volvemos
dalgún lugar estraño no que a voz de Nelson Quinteiro se encarga de poñerlle brillo a todo iso que
nunca deberiamos botar en falta.
Diego Ameixeiras
Xornalista e escritor
Premio Xerais de Novela 2006
Prólogo do disco “Orquesta Gharbo!”
Vibrante, evocador, tradicional e moderno, e de tal modo fresco que a música armenia ou da parte do
mundo que fose resultaba harmoniosamente fundida en pezas de grande sensibilidade galega.
Galega e inconmesurabelmente universal."
Alfredo Ferreiro
www.blogaliza.org
Un directo xove e cheo de enerxía que acada entusiasmar ó público.
Gonzalo Núñez
Faro de Vigo

CROWDFUNDING

Tamén coñecido como micromecenazgo ou microfinanciación consiste nunha innovadora fórmula de
financiación de proxectos sociais ou culturais na que os impulsores poñen a disposición dos amigos/as
ou colaboradores/as diferentes vías de colaboración asociadas a diferentes recompensas.
Realmente o que se adquire é un producto que de non ser por ese apoio probablemente non vira a luz.
O crowdfunding convírtese así nunha arma moi interesante; democrática en canto son os individuos
quenes deciden se apoian ou non, e en que medida, e subversiva en canto a que serve para que
proxectos que ou ben non teñen padriños, ou non seguen as imposicións do mercado ou son
políticamente incómodos poidan ver a luz dun xeito colectivo e participativo.
Grazas a esta ferramenta foi posible levar adiante o proxecto “Orquesta Gharbo!”, facendo deste disco e
deste proxecto algo colectivo e compartido no que entran en xogo os mecenas que contribuiron a facer
este sono posible.


 LIGAZÓNS

O proxecto “Orquesta Gharbo!” de Nelson Quinteiro fai das novas tecnoloxías e das redes sociais o seu
particular cabalo de troia, e tanto é así que o traballo de difusión e de promoción de Nelson Quinteiro na
rede, tanto neste proxecto como outros da súa autoría como o Festival Galego de Cabaré ou a Compañía
Femme Fatale teñen sido posto de exemplo en varios cursos de Tecnoloxías 2.0.
Aquí tedes só un exemplo de espazos nos que podedes ver parte do noso traballo:
www.gharbo.org
www.gharbo.org/crowdfunding
http://www.galiciantunes.com/web/New/Artista/465
https://soundcloud.com/gharbo
http://www.youtube.com/user/cantareiro
https://www.facebook.com/nelson.quinteiro
https://twitter.com/microcabare
http://www.bandeed.com/artist/gharbo
https://myspace.com/317976776
Contratacións: 

Koldobika Gomila koldobika.gomila@gmail.com 
TL.:886 311 513 / 615 684 769

No hay comentarios:

Publicar un comentario