RUSTICA

CRISTINA PATO, DAVIDE SALVADO,
ANXO PINTOS, ROBERTO COMESAÑA

SON

RÚSTICA


Catro grandes personalidades da música Galega únense nun proxecto chamado RUSTICA, un disco moi especial que publica FOL MÚSICA e que sae á venda o 10 de febreiro de 2015.

Rustica é o resultado de encontros casuais, sincronicidades, afinidades e descubrimentos. É unha carta de amor ao incrible patrimonio cultural de Galicia, á amizade e á emoción.

Cancións antigas cantadas con gran profundidade e sentimento cun desenvolvemento harmónico que as trae aos nosos días cun toque máxico dos encantos e os misterios de antano.

Gaita, acordeón, zanfona, pandeiros e voz, son os instrumentos sobre os que foron crecendo as cancións de RUSTICA

Un tesouro agochado que agora sae á luz

 VIDEO PROMOCIONAL DE RÚSTICA:
Tema: "Mens"
https://www.youtube.com/watch?v=ReuGdABDKoI




Para máis info
escríbenos a inma.grass@boa.es
ou visita a nosa web www.folmusica.com