Mileth

Para escoitar MILETH preme eiqui






membros:

Dana da Carballeira - Voz, coros, percusión.
Marcos do Relicario - Brúos, coros, guitarras, bouzouki, whistle, zanfona, percusión tradicional.
Cristian da Limia – Baixo, bouzouki.
Rebeca da Bouciña - Teclados, violín, coros.
Elías do Eido do Clariño - Violín, coros, percusión tradicional.
Carlos do Castro - Batería e percusión.
Mileth é un proxecto musical nado no maxín de Marcos e Diego nas costas cantábricas da Mariña Lucense. O proxecto trasládase a Vigo no 2009 para cobrar vida e constituírse como banda ata completar a formación con sete integrantes.

A proposta inicial parte da busca de un son propio, bebendo da influencia de distintos estilos e envolvendo lírica e música dun halo de misticismo galaico. Así, dunha xénese musical enfocada principalmente ó Pagan e Folk metal europeo, emerxe nas composicións unha ollada ó folklore galego co fin de dar unha definición ó grupo baseada nas propias raíces. Seccións máis duras, achegadas ó Black Metal Melódico e ó Melodeath, alternan e fúndense con outras máis melódicas e épicas apoiadas polo violín, os teclados e instrumentos tradicionais, principalmente galegos e irlandeses. Esta dualidade tamén se mantén na parte vocal. A combinación de voces feminina e gutural, xunto cos coros, xogan un papel importante nesta recreación musical que evoca a romántica do celtismo, o sentir ancestral e o amor polo enxebrismo e a cultura galaica.


.​.​.​e na Novena Onda caeron os Deuses (Single)

http://mileth.bandcamp.com/


Esta canción foi composta no ano 2010 por Diego dos Chechos e Marcos do Relicario, como parte do concepto “Mitolóxica Errante”, conxunto obras nas que recreamos a errático espírito da mitoloxía galaica. Mitoloxía que navega alén dos mares da Fin do Mundo e que da cotío volve a nós agochada entre o vento, baixo as augas, no crebado tallado dos coios, e dentro do lume que arde no espírito do noso imaxinario.

Letras escritas por Marcos do Relicario. Arranxos por Mileth. Arranxos de gaita por Xurxo Fernández. Gravada nos estudios de Vigosónico en abril do 2013 (Agás whistles e gaitas gravadas por Xurxo Fernández). Mestura e masterización por Víctor Gómez en decembro do 2013. Deseño artístico de Xoio Carmesí.

CONTACTO:
mileth_official@hotmail.com