2NAFRONTEIRA zapatiños para Diaz Castro

Zapatiños para Díaz Castro

 O novo traballo de 2naFronteira Letras galegas 2014

 Son quince poemas nos que a música fainos chegar a peculiaridade e a emoción dos seus reveladores versos.
Outros  músicos, outros intérpretes poden proporcionarnos unha versión distinta destes magníficos poemas, pero na presente versión, as  notas musicais e a voz de Carmen Pením constitúen  un achegamento á sutil poética de Díaz Castro  que potencia os valores líricos das composicións escolleitas.
Despois  do recital,  memorizamos os mellores versos desta antoloxía de Díaz Castro no son e coas cadencias de Carmen Pením e Maurizio Polsinelli..


Xesús Alonso Montero
Presidente da Real Academia Galega


 O disco contén 14 temas orixinais de Carmen Penim na música con aranxos musicais de Maurizio. Os textos orixinais pertencen á obra NIMBOS de Xosé María Díaz Castro.

Os poemas musicados son:  Nimbos, Noite do mundo, O verme e a estrela (Alalá do verme e a estrela), Esmeralda, No novo Ceo, A noite é necesaria, Terra sucada (Nana para a terra), Penélope, Quezáis, Remuíño, Cova alumada, Coma un río, Ai, capitán e Coma unha espada.


https://www.youtube.com/watch?v=YyAUYcwQ6CM

2NAFRONTEIRA  videoclip do tema "Quezais" incluido no seu disco "ZAPATIÑOS PARA DIAS CASTRO"
https://www.youtube.com/watch?v=YyAUYcwQ6CM

As músicas do disco son, como xa é habitual nesta formación musical, variadas e eclécticas: dende ritmos claramente populares de raíz tradicional como en Quezáis ou Remuíño; pasando por cancións de corte máis culto, como en Coma un río; ou jazz, como Cova alumada, e mesmo rock, como A noite é necesaria;
deixando lugar tamén para a experimentación como sucede na intensa Nana para a terra.

Neste caso 2naFronteira optou por reproducir no libreto a mesma arquitectura que presenta a obra poética Nimbos, sacrificando outras consideracións que se puideran facer á hora de ordenar os temas no disco. Así, conta coas mesmas partes ca o libro orixinal, o cal podería ser un atractivo engadido para os amantes
deste autor.

A produción correu a cargo de 2naFronteira produzioni, e a excelente fotografía foi realizada por Javi Collazo, traballo que confire unha notable dimensión artística ó libreto.

Foi gravado e mesturado en Casa de Tolos, baixo a dirección de Segundo Grandío.

Pódese escoitar o tema Penélope do disco en
https://www.youtube.com/watch?v=6jd7lFmCEWE

Distribución de Inquedanzas sonoras baixo a dirección executiva de Xusto Molejón Valoría.
O CD poderáse mercar nas principais tendas de discos e no Corte Inglés e na Fnac.

Tamén se pode adquirir directamente ós músicos e por suposto, ós distribuidores de Inquedanzas Sonoras, ben na tenda de Vigo (Martínez Garrido, 1) ou por internet. Asemade estará disponible en formato dixital en iTunes.

Foron presentados temas do disco en:
(e próximos concertos previstos)
Centenario de Díaz Castro en Guitiriz, Casa Habanera.
Revista Oral de marzo 2014, Museo Provincial de Lugo.
Museo Interactivo de Historia de Lugo (MIHL), 8 de maio.
Auditorio Piñeiral do Crego de Chapela 18 de maio
Actuación e entrevista en “Somos Quen” Radio Galega, 1 de xuño
Auditorio Multiusos A Xunqueira de Redondela 28 de xuño

Breve curriculum do dúo

 A cantante arraiana do Couto Mixto Carmen Penim e o pianista romano Maurizio Polsinelli forman o dúo 2naFronteira dende o 2008, cando inician a súa andaina xuntos en Italia, onde Carmen estaba a estudar canto. No 2011 publican neste país un disco en español e galego, con letras de Carmen e a musicalización de poetas en lingua española, como Lorca ou Góngora. Este disco,Humo en los ojos, contiña tamén dous dos temas (orixinais) máis visitados en youtube e aprezados polo público: A lavandeira e Alalá dende Turín.

No 2013 publican Alma, un disco que foi interpretado en directo no Parlamento de Galicia, no Culturgal e en diversos escenarios e auditorios galegos, cunha moi boa acollida pola crítica, a prensa e o público. Os temas, para voz, piano e harmonio, xiran en torno ós poetas clásicos e contemporáneos galegos, así como Lorca (da súa obra Seis poemas gallegos) e F.Pessoa. Agora presentan este novo traballo, Zapatiños para Díaz Castro, que conta co apoio da Consellería de Educación, Cultura e O.U. e cunhas palabras introductorias do Presidente da Real Academia da Lingua Galega, D. Xesús Alonso Montero.

Son músicas orixinais do dúo para catorce poemas de Nimbos, do escritor Letras Galegas 2014. Neste disco o harmonio, que tanto gusta ó público, adquire máis presencia e ademáis de ser instrumento solista en varios temas, aparece xunto ó piano en varias cancións, como Ai, capitán ou Nimbos. É un disco
particularmente intenso, alegre e luminoso. Supón unha mostra máis da gran calidade e orixinalidade compositiva e artística que caracteriza este dúo, que reúne calidade con paixón nos seus directos. Xa foi levado como preestrea ó Centenario do nacemento de Díaz Castro en Guitiriz e ó Museo Provincial de Lugo nos pasados meses.


Información sobre os músicos

Carmen Penim estudou en Santiago Filoloxía e doctorouse pola Uned en Educación. Publicou o seu libro de poesía Cambio versos por champán no 2010 (Torremozas). Conta tamén con numerosas publicacións científicas e didácticas. Estudou canto lírico en Italia tres anos e no 2011 empezou os seus estudos de
canto lírico e jazz e de didáctica do canto no método Crossover.






Maurizio Polsinelli realizou os seus estudos de Filoloxía en Roma, e os de piano no conservatorio de Santa Cecilia da mesma cidade. Compositor que colabora en diversos proxectos musicais e teatrais. Intervén habitualmente en radios e tv italianas. Destaca o seu eclecticismo e versatilidade musical, ó lado dunha
elevada calidade técnica. Tén tres discos publicados anteriores ó dúo 2naFronteira co grupo romano Pane.


D I S C O ALMA
ALMA, gravado e mesturado en Casa de Tolos, baixo a dirección de Segundo Grandío. 
Pódese ver e escoitar unha canción do disco en http://www.youtube.com/watch?v=IOCuU2SR6Zs 

O disco contén 12 temas orixinais de Carmen Penim na música e aranxos musicais de Maurizio, con textos de: Paz Andrade, Pessoa, García Lorca, Curros Enríquez, Celso Emilio Ferreiro, Rosalía de Castro, Manuel Rivas e Alfonso Láuzara. Ademáis contén o tema “Nana do Couto Mixto” orixinal de Carmen tamén na letra.

O disco foi producido por 2naFronteira produzioni, e o deseño gráfico correu a cargo de Stabelimenti 12.

Distribución de Inquedanzas sonoras baixo a dirección executiva de Xusto Molejón Valoría.

Poderáse mercar nas principais tendas de discos e no Corte Inglés e na Fnac.
O disco recolle o traballo de composición musical dos últimos dous anos, incluíndo tamén temas inéditos nos escenarios, como os de Pessoa e a “Nana do Couto Mixto”, que foi estreada só recentemente no acto de nomeamento dos novos xuíces honorarios do 2013. Moitos dos temas son unha mostra dun proxecto musical maior: os temas de García Lorca forman parte do proxecto Federico García Lorca, amando en galego, musicalización do libro do poeta Seis poemas gallegos, que esperan poder editar un día xunto cos poemas e as partituras. Tamén Rosa de abril de Rosalía, é unha mostra dun traballo de musicalización de seis extractos de Cantares Gallegos. Os dous temas de Fernando Pessoa forman parte asimesmo dun traballo de musicalización de seis poemas do poeta portugués. O disco reflexa o gran amor de Carmen e Maurizio pola poesía en xeral, e en concreto pola poesía en galego. Ademais do que tén de expresión artística, pretende contribuir cun grau de area á difusión da lingua e a cultura galegas. Musicalmente, supón unha expresión absolutamente libre e variada, indo dos ritmos máis populares de “A nana do Couto Mixto” para harmonio, ata melodías máis achegadas ó mundo culto como en “Catrvium da mapoula”.
Algúns dos temas do disco pódense escoitar na páxina do dúo www.2nafronteira.com e no canle de youtube http://www.youtube.com/user/solo2musica

C o n t a c t o 
mail: 2nafronteira@gmail.com
Telf: 986164615 e 699845312






MÁIS INFO EN:

CONTACTO: 
tel.  699845312- 986164615 
mail: 2nafronteira@gmail.com

 
www.youtube.com/user/solo2musica
www.facebook.com/2nafronteirafans
Twitter.com/2nafronteira

O cachet será negociado cos músicos en función da duración e outras características de organización do evento.

No hay comentarios:

Publicar un comentario