CANS 2015

FESTIVAL DE CANS. NOTA DE PRENSA
O Festival de Cans inicia a súa venta de entradas para ver as curtas a concurso nunha edición na que actuarán Sés e Def con Dos

 Mañá mércores 15 de abril ás 10h00 poránse á venta os primeiros 500 packs de entrada
e camiseta na nova tenda virtual do festival

 Sés será outra das actuacións máis esperadas do Torreiro de Cans na tarde do sábado 23
de maio

 Def con Dos chgarán co seu formato Dos Tenores presentando o seu último disco. O seu
líder, Strawberry, presentará unha retrospectiva dos videoclips da banda

 O 90% das actividades do festival -incluídos os concertos- serán de carácter gratuíto

 O PORRIÑO, 14 DE ABRIL DE 2015.- Sés e Def con Dos encherán o Torreiro de Cans de
música na tarde-noite do sábado 23 de maio. Non serán as únicas actuacións relevantes do
Festival de Cans, que proximamente dará a coñecer a programación de espazos emblemáticos
como o Cans Voulevar ou o popular Jaliñeiro Unplugged, algunhas delas ligadas a proxeccións
audiovisuais de estrea e outras a artistas emerxentes para os que o festival quere servir de
rampa de lanzamento.
Def con Dos
O grupo -que pode considerarse case galego, xa que naceu en Vigo nos oitenta- conta con
lexións de seguidores dende os seus inicios. A súa popularidade comezou a medrar por mor
da composición de bandas sonoras de cinema nos filmes de Alex de la Iglesia Acción Mutante
(1993) e El día de la Bestia (1995), que neste 2015 cumplirá 20 anos.
Na actualidade con Dos Tenores -o seu novo traballo e tamén o nome da súa formación neste
novo formato-, Def con Dos recupera o son rapeiro máis primitivo da banda a través de seis
novos temas, entre os que destacan títulos como Sobreviviendo, Cuelga y espabila, ou Brutal
doctor, banda sonora da próxima película do director gore catalán Dani Moreno, na que
ademais Strawberry e Peón Kurtz -ambos membros do grupo- colaboran como actores. O
público poderá gozar da súa música e as súas letras irreverentes no concerto que ofrecerán
no Torreiro de Cans a noite do 23 de maio, configurándose como un dos pratos fortes
musicais desta edición.
Ademais, Strawberry presentará na tarde do mesmo sábado 23 en Cans unha selección dos
mellores videoclips da historia do grupo -nos que participaron realizadores como é o caso de
Mikel Clemente- e tamén a súa última novela, Margen de Maniobra, a terceira xa do seu
traxecto como escritor. Estes videoclips amosaranse coma un amplo catálogo de referencias á
cultura popular e están maioritariamente marcados por elementos da ciencia ficción, o cine
gore ou a serie z, pero sempre cunha intención de humor gamberro e provocador.
Sés, de volta en Cans
Sés regresa ao festival convertida nunha das máis importantes artistas galegas da escena
actual. Hai tres anos tocou en Cans enriba dun camión no Cans Voulevar, nunha actuación
memorable aínda para os que asistiron a aquel pequeno concerto. Agora volve de novo pola
porta grande ao Torreiro de Cans para tocar ao completo coa súa banda na tardiña do sábado
23 de maio. Converténdose na protagonista dun dos momentos centrais do festival. A artista
darálle a coñecer ao público asistente o seu novo disco "Tronzar os valos", que este mes está a
presentar enchendo as salas por alá por onde pasa.




Ademais, o festival clausurarase coa habitual sesión de Discochimpín, este ano da conta de
Autómatas Beat, unha das parellas de DJ's máis divertidas e orixinais de Galicia, que farán
bailar frenéticamente a todo o público coas súas mesturas inéditas.
Inicio da venta de entradas
Este mércores, 15 de abril ás 10h00 poranse á venta a través da nova tenda virtual do
Festival (tenda.festivaldecans.com http://tenda.festivaldecans.com/entradas-festival-de-cans.html) as primeiras 500 entradas para poder ver as curtas a concurso desta edición. Mañá a esa hora da mañá activarase o sistema de venta, no que se poderán mercar 300 entradas para a sesión de tarde e 200 para a sesión de mañá do sábado 23 de maio. Cada persoa poderá mercar ata catro packs, de recollida a partir do 22 de abril varias tendas de Rei Zentolo de Galicia e na tenda Tía Tata (O Porriño).
Este primeiro grupo de entradas está concibido para os seguidores máis fieis do festival, e por iso mesmo se lles outorgará soamente a estes 500 tamén unha chapa conmemorativa exclusiva e de edición limitada como lembranza dos “doce anos de agroglamour” que cumple o Festival de Cans nesta edición. Ademais, tamén poderán obter un catálogo de man que deberán solicitar no posto de merchandising do evento -a razón dun programa por entradadurante a súa celebración. O prezo do pack completo será de 21,50€ + gastos de xestión.

Podedes consultar as condicións particulares de compra aquí. http://tenda.festivaldecans.com/condicions-de-compra

Sonia Díaz Pereiro | 679 96 56 92
Andrea Villa Feijóo | 667 68 35 51
festivaldecans@gmail.com
comunicacion.festivaldecans@gmail.com
facebook.com/festivaldecans
twitter.com/festivaldecans
www.festivaldecans.com