OVOS PODRES

Karlos ---- voz/
Xabi ---- bateria/
Moncho ---- baixo/
Chema ---- guitarra/
Alex ---- guitarra/
Xulio ---- acordeon/

Ovos Podres é unha banda de punk-rock de Vigo- Galiza (is not Spain), formada por seis amigos.


Non todos os que formaban o grupo orixinalmente puideron soportar os duros ensaios espartanos, quedando polo camiño Tur (ex-vocalista con afonía crónica), Soto (ex-baixista que pediu asilo político en Chile) e Martín ( ex-teclas busca a paz facendo barullo con 1000 grupos ).

Quedando coma superviventes, o holocausto Podre son: Juan (ex batera de Liska) na bataka, Alex (ex skarnio e saxo en Liska) na guitarra, Moncho (ex Essencia de Lapo e Falkatruada) co baixo, Txema na outra guitarra, Karlos pegando berros e Xulio(ex –Zurrumaia) no acordeón e a gaita.

Comezan nos escenarios en outubro de 2012, e gravan o seu primeiro disco co 14 temas en Teis nos Estudos Galicia no verán do 2013. Mentres combinan planear un atentado ca presentación do seu primeiro disco, xa están facendo novos temas e tocando por ai.

Este primeiro traballo representa o que lle apetecía facer a un grupo de amigos que só queren pasalo ben, mais por nós é considerado unha maketa, onde se ven diferentes opcións da música que nos influenciou na nosa vida , ska , punk ,oi e psycho … mesturando nas letras temas sociais e letras tolas…

Neste 2016 Juan"o Borat de Chapela" decide deixar o grupo por non chegar á súa meta da vida TOCAR no LÚAR (cousa que si consegue noutros grupos) e tras meses buscando un digno batería entra o Terror de COIA, o Monstro do pun cha- pun cha o GRAAAAAANNNN Xabi.

Continuamos tocando e facendo novos temas, coa intención de gravar algo indecente antes de rematar o 2016. Sempre dispostos e comprometidos, sen ningún ánimo de lucro, coa xeración de emprego neste país dándolle traballo a otorrinos, psicólogos e musicólogos sabelotodo.


OVOS PODRES PorC.O.P.s

https://www.youtube.com/watch?v=RyvydnKhC1Y

  https://www.youtube.com/watch?v=RyvydnKhC1Y

OVOS PODRES Barrio

https://www.youtube.com/watch?v=5YXakkfSMY8

 https://www.youtube.com/watch?v=5YXakkfSMY8

 

OVOS PODRES Vendetta 

https://www.youtube.com/watch?v=jHn5avfw04Y

 https://www.youtube.com/watch?v=jHn5avfw04Y

 


CONTACTO:
ovospodrespunkrockgz@gmail.com