CHUCHES AMIL

CHUCHES AMIL nace da man de Fran Amil, músico, compositor e productor coruñés que dende os anos 90 pasou por algún dos grupos chave do movemento Bravú (Os Papaqueixos, Ruxe-Ruxe ou Diplomáticos de Monte Alto) e que actualmente forma parte dos grupos Tres Trebóns e Ulträqäns.


 Para a gravación de ‘Un conto ao revés’contou coa colaboración de Tito Calviño, Ricardo Casás, Antón Díaz, Manu Seoane, Pablo Añón, Aarón Bouzón, Cristina Asenjo, Sara Vázquez Álex Fente


Un conto ao Revés (2015)

"Un conto ao Revés" deChuches Amil e da Editorial Galaxia, que pon nas nosas mans un pequeno tesouro que  encheu o meu corazón de alegría e de bo humor¡¡ Un libro-disco de novo, é dicir, un libro con banda sonora orixinal, como as pelis¡¡..."
Palabras y Mundos


O libro-disco vai acompañado dunha historia protagonizada por dous nenos que, mergullados no mundo do sono, van vivir mil aventuras nas que nada é o que parece porque todo, absolutamente todo, está do revés.

Un exercicio de fantasía que CHUCHES AMIL convirte tamén nunhas cancións onde as boas melodías e o rock teñen a súa parte de protagonismo.

Soñadores que soñan historias que son soños, cancións para facernos rir e cantar.

Preparado para vivir unha aventura singular?

Pois entre a ler, a escoitar, a soñar.

Música e letra compostas íntegramente por Fran Amil. A historia central é idea de Fran Amil xunto con Cristina Sanmartín e Javi Prieto, quen é o ilustrador da historia e quen guionizou o conto que acompaña ás cancións.

Os músicos participantes na gravación foron: Tito Calviño e Manuel Seoane (guitarras), Antón Díaz (baixo eléctrico), Ricardo Casás (saxos alto, tenor e soprano; trompeta e clarinete), Pablo Añón (saxo), Aarón Bouzón (frauta traveseira), Cristina Asenjo (Teclado), Álex Fente (acordeón), Sara Vázquez (voz) e Fran Amil (batería, voz e programacións).

O disco foi gravado en Estudios Amil e mesturado en Estudios A Ponte. Masterizado polo Doutor Chou.

No seguinte enlace podedes escoitar tres temas do disco: Un conto ao revés; Os porcos das Fragas do Eume; e Unha illa no océano dos soños.

https://soundcloud.com/sonarbore/sets/un-conto-ao-rev-s


Ilustracións de Javi Prieto

Editado por Galaxia colección Sonárbore.


Chuches Amil presentase en directo en varios formatos:

Fran Amil na guitarra acústica e voz, en solitario;
Fran Amil e Ricardo Casás (Saxo alto, frauta e clarinete baixo) en formato dúo; e
Ricardo Casás, Miguel Paz (batería), Álex Bardanca (baixo), Bernardo Pita (guitarra eléctrica) e Fran Amil (guitarra acústica e voz

CONTACTO: 

franamil@gmail.com

638-600-297 

facebook:

https://www.facebook.com/profile.php?id=100009968911173