GUADI GALEGO



A traxectoria musical de Guadi Galego é moi intensa e rica, foi voz principal e gaiteira do grupo Berrogüetto, tamén formou parte como intérprete e compositora dos interesantes proxectos colectivos: Nordestinas, Espido e aCadaCanto










"O Mar" é un novo EP de dúas cancións inéditas de Guadi Galego: "Imaxinando" e este "Mar". Unha visión nostálxica da infancia e da idealización da mesma. Preséntase como un capítulo independente onde a autora centra o son no seu piano, na sua voz e na produción musical de Berto.















Mar

https://www.youtube.com/watch?v=Pd9q-WRelgg
 


Guadi Galego con Rozalén
Todo Esto Te Daré

A canción fíxose para unha ficción sonora que dirixiu @paula.cons1 para audible, sobre o libro Todo esto te daré de @dolores_redondo .

O clip é de @laparrochaestudio.

A produción de @oliveraestudi

A miña voz gravouna o meu amigo @iago_pico a de @rozalenmusic o seu amigo @ismael.guijarro.

Así acadamos isto.


https://www.youtube.com/watch?v=haLh49nQxx8


Nastasia Zürcher, Guadi Galego
LUZ DO NORTE

videoclip ilustrado por Jimena Andión

Música e Letra: Nastasia Zürcher e Guadi Galego.

Produción Musical e Mistura de Adrián Saavedra.


https://www.youtube.com/watch?v=1xP7GmmB1gs


O.D.A

Unha nova canción de Guadi Galego sempre é un paso adiante na súa forma de concibir a música. Empoderarse na vida a pesar das vivencias, seguir aprendendo a desaprender, entrar na aceptación dende a diferenza, madurar sen esquecer a inocencia.

 
 


Roibén (2022)


Roibén é un disco único, diferente. Experimental. De transición; como cada lusco e cada fusco de cada día. Que sempre abruma e sempre sorprende. Aínda que saibamos que antes ou despois vai chegar.

Roibén non estaba no guion. Nace da amizade, de compartir, dun proceso de colaboración e experimentación con Iván Ferreiro, que acabou sendo o que é porque se abriu paso entre a escuridade, como boa Roibén. As cancións foron saíndo soas, case sen querer. Simplemente xurdiron e acabaron en disco a carón doutros temas que Guadi tiña gardados na gaveta do “algún día serán”.

Por iso é un traballo de contrastes que sorprende, que retrata a escuridade e a luz que hai dentro dela. Das contradicións que nos conforman e nos definen.Como esa Penélope de Xohana Torres que se farta de agardar e decide tomar o temón. Como a Alegoría de Antía Otero, que de tanta forza que desprende a noite se fai co título do traballo. Como esa dicotomía entre o mellor e o peor da vida que debuxa Noa. A esperanza do bico que me dás só ten valor coa consciencia de que hai unha sombra en cada parede construída. Igual que non caeremos ante a penumbra que hai en toda alegría se somos quen de ver o reflexo que sempre ilumina a melancolía.

Roibén foi producido no inverno de 2022 con Iván Ferreiro e Sergio M. Puga en Nigrán e rematado no verán en Olivera Estudi (Banyoles) por Pau Brugada e Vic Moliner.


Alegoria

Danza: Claudia Gomez

Letra Antia Otero
 

Balada de Verán

https://www.youtube.com/watch?v=fBlm_9_a1qE&fbclid=IwAR18QFjKB00UFQU7Zvrzp8979e_JchM5CXC32KOagRS6j-R2qniQrzl5Q38&app=desktop

Guadi Galego - Balada de Verán ft. Lisandro Aristimuño, Germán Díaz
Bola de cristal,
EP de 5 cancións novas , co que GUADI pretende pechar un ciclo e dar fin a unha triloxía baseada no mundo.

Producido por Pachi García.



CANCIONS:

Fronteiras
Coidar de Min
Bola de Cristal
Recoñecéndome
Desdibuxar

https://www.youtube.com/watch?v=PuSf-khqH-s

Guadi Galego - Fronteiras

FRONTEIRAS, unha canción positiva que comenza amodiño para acadar unha intensidade que atrapa, un novo tema producido por Pachi García.
FRONTEIRAS formará parte dun EP de 5 cancións novas que se vai publicar en maio e levará como título BOLA DE CRISTAL, co que GUADI pretende pechar un ciclo e dar fin a unha triloxía baseada no mundo.
https://www.youtube.com/watch?v=PuSf-khqH-s



Guadi Galego Recoñecéndome

Segundo tema extraído de BOLA DE CRISTAL o novo traballo discográfico de Guadi Galego
https://www.youtube.com/watch?v=rY5_3nNJzBg







O vindeiro 4 de novembro Guadi vai publicar o seu terceiro disco en solitario, O MUNDO ESTÁ PARADO, un conxunto de cancións onde a pluralidade a universalidade e á vez a diversidade están presentes. Unha reflexión sobre a imposibilidade da coherencia.











O MUNDO ESTÁ PARADO está conformado por 10 temas: 6 escritos por ela ,3 por Carlos Abal e 1 por Pachi García, que exerce de novo como productor musical. GUADI GALEGO perfílase como unha compositora extremadamente orixinal e única.
LISTADO DE TEMAS:
1. Cedeira
2. O Privilexio É Soñar
3. Mente En Branco
4. O Mundo Está Parado
5. El Entorno
6. Vas Cara Arriba
7. Dende Que Marchaches
8. Vida
9. Tribu
10. Canción Para Ver

Guadi Galego - Cedeira
https://www.youtube.com/watch?v=nwu6l4BVGcE&feature=share

O FORMATO, ALGO EXCLUSIVO:

Na primeira e limitada edición de O MUNDO ESTÁ PARADO Guadi decidiu engadir máis valor artístico ao traballo: é importante sinalar que o único formato que haberá dispoñible nas tendas de discos é un VINILO,dentro poderán atoparse un CD (coas mesmas cancións) e unha fotografía dun tamaño 20x30cm, obra de Carlos Abal. Hai 10 fotos distintas distribuidas nunha tirada de 1.000 vinilos.

Se non podes mercalo nunha tenda podes facer a túa reserva en vinilosguadigalego@gmail.com
O MUNDO ESTÁ PARADO tamén estará dispoñible nas plataformas dixitais.
DATA DE SAÍDA: 4 DE NOVEMBRO DE 2016. O prezo: 20 euros.


Co seu anterior LUAS DE OUTUBRO E AGOSTO (Fol Música 2014), a compositora GUADI GALEGO conseguiu conquistar a público e crítica cun disco extraordinario, cheo de cancións fermosas, melodías sublimes e letras moi persoais.
PODES DISFRUTALO NUN FERMOSO CD DIGIPACK, MÉRCAO NA TENDA DE FOL

Guadi Galego, unha das artistas máis relevantes da escena musical de Galicia, presenta "Lúas de outubro e agosto" o seu segundo traballo como solista tras o álbum Benzón, que se publicou en 2009.

A traxectoria musical de Guadi Galego é moi intensa e rica, foi voz principal e gaiteira do grupo Berrogüetto, tamén formou parte como intérprete e compositora dos interesantes proxectos colectivos: Nordestinas, Espido e aCadaCanto.

Guadi Galego preséntase agora cun son e unha expresión artística máis madura e tambien máis atrevida, máis melódica pero á vez, máis arriscada.

"Lúas de outubro e agosto" contén fermosas cancións cun nexo común, a natureza das composicións, a esencia do vivido e madurado, a emoción e a intensidade, a delicadeza e o risco. Todo un exercicio de inspiración para encontrar vías non exploradas e propoñer unha música chea de sinceridade que sen dúbida vai sorprender.

TEMAS
1. Mergullei
2. Curso de un Río
3. Pernoctei
4. Chea de Vida
5. Aromas de Terra
6. Sentir
7. Ramo
8. Norte do Norte
9. Matriarcas
10. O Muro

"Lúas de Outubro e agosto" gravouse en xuño de 2014 nos estudos Alis Records de Baeza coa produción musical a cargo de Pachi Alis, o mago que soubo entender a Guadi e conseguir un resultado sofisticado e sorprendente. Conta coas colaboracións de Santi Cribeiro ao acordeón e Pablo Pascual tocando clarinetes.

"Lúas de Outubro e Agosto" preséntase nun orixinal digipack de edición limitada con faixa acuñada e libreto de 16 páxinas.

ATOPARALO  NAS PLATAFORMAS DIXITAIS:

ITUNES | SPOTIFY | GOOGLE PLAY | AMAZON | DEEZER






GUADI GALEGO - MATRIARCAS

https://www.youtube.com/watch?v=VSuS_pdCvSE
Primeiro video clip extraído do novo disco de GUADI GALEGO "LUAS DE OUTUBRO E AGOSTO", á venda o 25 de novembro de 2014.
  

MERGULLEI

https://www.youtube.com/watch?v=MWQ2yTysBUE

  


CONTRATACION:


Podedes ver as fotos do seu directo no Auditorio de Redondela en :
http://musicaengalego.blogspot.com.es/2014/06/fotos-guadi-galego.html