NON HAI BERCE COMA O COLO



“Estes cantos de berce, noutrora abondosos e hoxe case inexistentes, transmitían as palabras primeiras. Palabras que completaban o universo sonoro co amor vertido sobre a criatura…”

[Mini Rivas, no limiar da obra]




En decembro chegará ás librarías o libro-disco NON HAI BERCE COMA O COLO, un proxecto dirixido polos músicos e mestres Magoia Bodega e Paulo Nogueira, ilustrado por Mariona Cabassa e publicado por KALANDRAKA. Conta coa colaboración de destacados intérpretes galegos: Mini Rivas, Sonia Lebedynski, Merchi Rodríguez (Leilía), Pancho Álvarez, César Longa, Begoña Riobó, Segundo Grandío e Navia Rivas.


"Berce do Pedro Chosco" é un dos 15 arrolos incluídos nesta obra, que recolle cantos de berce tradicionais do patrimonio oral e musical galego.


 videoclip:
 “Berce do Pedro Chosco”, coa voz de Mini Rivas.

http://youtu.be/rIU9iXFTgKM


tenda online www.kalandraka.com