SERJ


Nado en Vimianzo no1982, xa sendo un neno comeza a súa formación na música tradicional galega (gaita, percusión), faceta que desenvolve ata chegar a impartir clases en asociacións locais e mesmo a ser parte da agrupación musical de Cantigas e Agarimos (Santiago de Compostela).

Xunta a Mario Martínez e Modesto Tajes, forman ColDaySun, banda de rock progresivo na que fai de vocalista e guitarrista e coa que aínda ten cousas pendentes…

Despois de moitos e moi variados traballos que foi deixando sistematicamente por atopalos altamente insatisfactorios, absurdos ou mesmo eticamente reprobables, Serj decide facer o que lle da a gana. Musica ªª


Actualmente Serj está inmerso na xira de presentación de Velaivén, contando coa colaboración de músicos amigos para os diferentes concertos.


Velaivén (2014),

Velaivçen  é o  seu primeiro disco en solitario, totalmente composto, gravado, producido e masterizado por el mesmo.

O disco conten once temas dos cales dez son en galego, e so se pode acadar mediante contacto directo con serj no correo electrónico.

O disco ao vivo presentase en formato cuarteto con:

Rebe (coros+percusión) 
Valdés (caixón+voz) e 
Raúl (guitarra eléctrica) 

aportando máis amplitude e solidez rítmica ó proxecto
 



Serj videoclip do tema "Rei das Mareas"

https://www.youtube.com/watch?v=CsKdKAXfnKw

Masando Pulpos Productions
Camelle, 2015

  O videoclip de Rei das Mareas está dedicado a Modesto Tajes Sánchez, un submarinista camellán que dedicou a súa vida a recuperar os corpos dos desafortunados que morrían no mar.

  De feito na escena final escóitase un regulador de buzo... Unha maneira de facer que este home, símbolo da Costa da Morte, estivera presente dalgún xeito.

Costa da Morte-Serj 

https://www.youtube.com/watch?v=VxKzP8W7Vg8

 https://www.youtube.com/watch?v=VxKzP8W7Vg8

Serj-Bailar na Herba

https://www.youtube.com/watch?v=H2KY-MGO0mY

 


Podedes escoitar máis das súas cancións en: 

https://soundcloud.com/serj-galicia




Contacto:

 acousticserj@gmail.com

 facebbok:

 www.facebook.com/AcousticSerj