BRAIS MORAN


Brais Morán explora o rock máis persoal onde as vivencias e as paisaxes da Costa dá Morte son os protagonistas.

O gañador dun Premio Martin Codax da música deuse a coñecer como o cantante e guitarrista da banda galega de funk Loretta Martin.

 Brais constrúe agora outro universo paralelo cunhas letras máis persoais e cunha forma máis individualista e directa de transmitir, onde decide coller a guitarra e poñerlle unha voz máis desgarrada a unhas cancións que tentan abrir outro camiño máis definido e máis potente na música actual.

Entre os músicos que deixaron pegada e que teñen influencia no estilo de Brais Morán atopamos desde Narf ata Lenine, Toquinho, referencias brasileiras, ata a pegada africana de Dobet Gnahoré ou Salif Keita'. Tamén cita ao grupo galego Berrogüeto, o folk irlandês e a tradición gaélica.



No Mato do desespero

Este disco é unha dobre homenaxe, segundo conta Morán: “por un lado ao poeta moçambicano Jose Craveirinha e, por outra, seguindo a mesma Iiña, ao grande musico Fran Perez Narf, quen tempo atras tiña musicado o seu poema 'Quero ser tambor'. “ nem flor nascida no mato do desespero ... deixa-me ser tambor … ”

"Este disco e un berro a facer música pase o que pase. Vimos dun desepero musical, hai moita xente con talento pero que non ten espazo."

Completan a 'banda do desespero“ Fran Sanz (baixo e encargado de produción), Manu Seoane nas guitarras e Marcos Pazo na bateria. 0 disco coma con colaboracións de Patri Gamallo (integrante de Adufeiras de Salitre e Habelas Hainas), Tanxugueiras e Ugia Pedreira. con Anuro Vaquero na gravación, produción e masterización.

O deseño correu por conta de:

Seispes Producións Creativas.



"
“Terra”, “Sangue do Norte”, “As cores do Mato”... são títulos sugestivos mas ainda inéditos que aguardamos degustar junto a essoutros experimentados nas interpretações ao vivo como “Matando a pena” (mais uma homenagem ao canto tradicional) ou também “A esperanza do desespero” (mais um carinho a Narf) que confere um brilhante remate ao disco. "
 Texto de: Humberto m.




Cando imos para ese lugar

https://www.youtube.com/watch?v=0soFt3UO18Q

https://www.youtube.com/watch?v=0soFt3UO18Q

Temas:

1 No Mato do desespero
2 Mentres a xente dorme
3 Cando imos para ese lugar
4 Terra
5 No país das efes
6 Nai do mundo Titánico
7 As cores do Mato
8 Valarés
9 Sangue do norte
10 Xota da Beiramar
11 Matando a pena
12 A esperanza do desespero





Fran Sanz
baixo

Manu Seoane
guitarras

Marcos Pazo
bateria

Brais Morán
voz, guitarras"






DISCOGRAFIA PREVIA:
 “Cruzando o Eclipse”(2015) é un traballo que nos traslada ao longo de 13 cancións por un camiño polo que conflúen a forza e a frescura do rock, acompañado de Manu Seoane na guitarra eléctrica, Miguel Queixas na batería e Denís Morán no baixo eléctrico, e contando coa colaboración de Fran Pérez “Narf” na canción “Destino”


“Cruzando o Eclipse” xestouse durante a primavera de 2015 en Abrigueiro Estudos baixo a produción de Arturo Vaquero, Miguel Queixas e o propio Brais Morán, e foi posible grazas ao apoio masivo dos seus seguidores a través do financiamento colectivo en Internet (crowdfunding)


En palabras do propio Brais “chegou o momento do meu primeiro disco persoal nuns tempos onde cae a miña mocidade transformándose noutra idade chea de enerxía que continúa crecendo” e engade: “sinto hoxe tantas cousas que son duras de contar e maduras para crear pero que, finalmente, fan que decida a onde quero ir escribíndoas nesta viaxe”.


Brais Morán - En Paz

https://www.youtube.com/watch?v=ntlikTkEQKI

https://www.youtube.com/watch?v=ntlikTkEQKI



Tamén podedes escoitar o tema Destino, que conta coa colaboración de Narf,  no seu Bandcamp:
https://braismoran.bandcamp.com/releases

CONTACTO :
braismoran@gmail.com