SERGIO TANNUS ALEGRIA!

O libro, consta dun conto protagonizado pola pequena Alegra, unha eiruga que, con semellante nome, parece claro que ten que ser todo ledicia. Mais as cousas non teñen por que ser necesariamente así e Alegra vai ir vivindo todo un mollo de aventuras sorprendentes que, canción a canción, irán axudándonos a viaxar polo territorio da fantasía. 

A historia acompañou a Sergio Tannus desde a Casa das Maninas, institución que abeira nen@s carentes, no seu Brasil natal ata a Galiza onde puido facerse realidade en forma de libro-cd.


Canda o conto, 13 cancións marca “brasilega” do mellor Sérgio Tannus.
Libre para voar, Nubes, Oscar e a xanela, Sandaliña, O mosquito inaudito, Menta Plenta, Eu teño un corpo, Ou iso ou Aquilo, O futuro xa chegou, Maquina do amor, Alegría, Danza do universo, Final.

Para os temas Sergio contou con colaboracións de luxo: Sonia Lebedynski, Andrea Picos, Magín Blanco, Brais Morán, Xoan Curiel, Alberto Vilas, Xiana Lastra, Jara Ortiz, Olga Brañas, Carlos Blanco, Uxia, Clara Pino,Gutier Alvarez, Quim Farinha  ...

Gravado, editado e misturado no Estudio Asas por Sergio Tannus. Masterizado en Oeiras (Portugal) por Antonio Pinheiro da Silva.

Producion executiva: Adina loana e Sergio Tannus.

Editado por Sonarbore Editorial Galaxia.

Ilustrado por Luís Borbolla















Nubes - Alegría!

https://www.youtube.com/watch?v=4dMoJWPME9g
Realización e animación: Luz Beloso

Música e letra: Sérgio Tannus
Canción: Nubes - Alegría! (librodisco Ed. Galaxia 2015)
Músicos: Alberto Vilas, Gutier Álvarez, Olga Brañas e Sérgio Tannus