SOFIA ESPIÑEIRA

Resultou gañadora do II Certame de Canción de autor en galego do concello de Teo, no ano 2015,  e agora esta a presentar o seu primeiro traballo discográfico.

Podedes escoitar a SOFIA ESPIÑEIRA no seu soundclound https://soundcloud.com/sofia-espinheira/ala-onde-agroman-as-herbas-06-a-vida-contemplativa





Alá onde agroman as herbas (2015)


" Alá onde agroman as herbas son un feixe de cancións que foron nacendo, unha a unha, segundo o camiñar dos últimos anos. Nove temas que sacan fóra do corpo historias, momentos vividos e sentimentos que atravesaron o peito nalgún momento. Algúns xa vellos e outros aínda comezando a andar, os nove reúnen uns cantos anos de vida coma unha biografía escrita en música e canto. E todos eles no seu agromar me levan alá, Alá onde agroman as herbas, ese lugar onde todo está en movemento, onde a vida discorre, onde cada un atopa a harmonía por dentro. "

O primeiro traballo discográfico de Sofia Espiñeira conten nove temas, tódos eles compostos pola cantante, tanto letras coma a música.

Temas:

A cabalo
Hoxe temos voz
Non teño medo
Amare
A Maruxiña
A vida contemplativa
Deixar
As miñas flores
Oe o meu canto

No disco tamén fixeron aportacións outros músicos, asá ademáis da guitarra e voz de Sofia colaboraron :

Guillermo Alzugaray: violoncello
Jorge Vázquez: bombo legüero
Eloi Pérez: frauta travesera
Víctor González “Charly”: caixón flamenco
Xoán Curiel: coros
Gilberto Carvalho: saxo barítono
Airán Beltrán: contrabaixo
Alfonso Camarero: caixa  e coros
Brais das Hortas: guitarra acústica  e coros
Carme d'A Pontragha: pandeiro cadrado e coros


Foi gravado nos estudios Gourmet Sound, en A Coruña e mesturado nos mesmos por  Alfonso Camarero.

O deseño gráfico do disco foi realizado pola deseñadora Marta Cuba, e a fotografía foi realizada por Eva Camba.

A edición, producción e distribución do disco corre a cargo de Sofía Espiñeira.

Polo de agora pódense mercar directamente nos concertos e na tenda Miranda - Cultura para levar, en Santiago de Compostela


máis info en:
https://sofiaespinheira.wordpress.com/disco/



CONTACTO
sofiaespinheira.cantautora@gmail.com

Páxina de Facebook: Sofía Espiñeira

Tlf: 635288192