XARDIN DESORDENADO


"Dende 1.963 ata a data designáronse 52 autores no Día dás Letras Galegas. Dos 52, unicamente 3 foron mulleres: Rosalía de Castro (1.963), Francisca Herrera Garrido (1.987) e María Mariño (2.007). É un dato que se comenta só.

Á xente de Xardín Desordenado gústanos contrapoñelo con outro dato, aínda que oficioso: o da abafadora maioría de poetas mulleres obtendo hoxe en día premios de todo tipo e ocupando foros solemnes ou recitais en bares. Un percorrido idéntico ao realizado polas mulleres nas últimas décadas e en todos os ámbitos.


“Aprendendo a ladrar” podería presentarse como a nosa homenaxe a ese esforzo e a ese triunfo; pero non o é, senón simplemente o desfrute dos magníficos textos ofrecidos polo talento feminino, para compoñer cancións con eles.

O segundo traballo de Xardín Desordenado titúlase “Aprendendo a ladrar” (Sul 2015) e está adicado exclusivamente a mulleres. Dende a máis veterana Rosalía ata a benxamina Lucía Aldao, os textos das 17 poetas reflicten a evolución (non só poética) da muller nas últimas décadas; unha aventura histórica que nárrase neste traballo discográfico e nos concertos que o presentarán ao público.


As poetas incluídas en “Aprendendo a ladrar” son:


Lucía Aldao
Olga Novo
Yolanda Castaño
María do Cebreiro
María Lado
Marica Campo
Enma Couceiro
Luisa Castro
Iolanda Zúñiga
Rosalía de Castro
Luz Pichel
Cristal Méndez
Marta Dacosta
Chus Pato
Enma Pedreira
Estíbaliz Espinosa
Mª do Carme Krukemberg"


Aprendendo a ladrar foi gravado polo técnico Gonzo Pedrido no seu estudio "Villa Angelina", unha casa situada nunha desas parroquias illadas entre zonas agresivamente urbanizadas, típicas de Vigo. O recinto e a súa paisaxe correspondíase coa mestura entre poesía urbana e rural que  recóllese nos textos.

Alí, en sesións intensas e emocionantes reuníronse os músicos habituais de Xardín Desordenado: Marlene Rodrigues,
Santiago Ferragud,
David Outumuro,
Lorenzo Boo e
Isaac Garabatos quen realizou tamén os labores de produtor musical.

Tamén achegáronse algúns amigos, músicos expertos e sutís, que puxeron o seu talento nas pasaxes da gravación que os precisaba: Fernando Abreu o seu clarinete, Susana Blanco o seu chelo, Lorena Freijeiroa súa gaita e Cecilia Martínez o seu violín.

Podedes escoitar petiscos de APRENDENDO A LADRAR  no SOUNDCLOUD https://soundcloud.com/xardin-desordenado-1/menina-gaitera-rosalia-castro-fragmento

XARDIN DESORDENADO


Compoñentes:

Santiago Ferragud,
Marlene Rodrigues,
Isaac Garabatos,
David Outumuro ,
Blas Segura,
Lorenzo Boo.





Para escoitar XARDIN DESORDENADO preme eiqui

Fai algúns invernos, uns músicos de Vigo decidiron percorrer librerías e bibliotecas, á busca de poemas ós que converter en cancións. Logo, reuníanse nunha bufarda de Tirán, onde compartían os poemas elexidos e as súas experiencias musicais. Todos
transitaran polo Jazz, aínda que chegados dende diversas procedencias.
Para o proxecto, ao que chamaron Xardín Desordenado, elexiron unha sonoridade acústica e íntima e, respetando as mensaxes e os climas dos poetas, converteron os textos en swing, blues, bolero, bossa nova…




DISCOGRAFIA PREVIA:


 "Xardín desordenado" (sul producións 2011)

O primeiro disco de Xardín Desordenado, podería considerarse de “xeración espontánea”, xa que non responéu a ningún tipo de programación. Nos primeiros encontros da banda -sempre ao solpor, nunha bufarda de Tirán- cada ún chegaba cun poema e no transcurso da noite, engrenábanse emocións, acordes, versos, ritmos (moito swig, moito blues, moita bossa)… ata componer concións que, á súa vez, consolidaban o proxecto.

Xardin desordenado resultou un disco con 16 poemas musicados, que foi presentado ao longo de Galicia e que cruzaría logo ata Arxentina, presentándose en La Feria del Libro e en diversos teatros de Bos Aires.

Estes foron os poetas que formaron parte do CD:

Xosé María Álvarez Cáccamo
Miguel Anxo Fernán Vello
Eduardo Estévez
Darío Xohán Cabana
Ramiro Fonte
Daniel Salgado
Serxio Iglesias
Manuel Rivas
Rafa Villar
Álvarez Blázquez
Pereira Valcárcel
Manuel María
Anxo Quintela
Uxío Novoneyra
Kiko Neves

MÁIS INFO: 

http://xardindesordenado.com


CONTACTO:

xardindesordenado@gmail.com

teléfono 69996 3556

Contratación:
info@sulproducciones.com
www.sulproducciones.com