BERLAI


"Berlai é o projeto musical criado por Xiao Berlai. Um projeto baseado numha música sem complexos que bebe directamente da tradiçom galega, do indie-pop, do rock e da música electrónica.

As letras das cancións nacem como imagens obsesivas do universo galego: onde as berzas som urbanas, ou o milho necessita cintas de baliçamento policial.

Berlai é indie rururbano, como consecuência lógica á música post-bravu."

 




Estampas Galegas (2023)

É unha mestura de música, contos e ilustracións que falan da Galiza actual, homenaxeando a Cousas de Castelao. A música e os contos foron compostos por Xiao Berlai e as ilustracións son de Leandro Lamas.

Son dez estampas baseadas en experiencias vitais ou reflexións de Xiao Berlai.

Unha tenda de roupa chamada “home” que nin sequera vende pantalóns curtos; a experiencia de ser pai e vivir a imposición de xénero da sociedade ao fillo que acaba de nacer; a progresiva castelanización do galego; o orgullo de ter un país con dous nomes; a reivindicación do acento galego nas producións audiovisuais a través da figura de Arale; e mesmo a fantasía dunha Rosalía liderando o pobo na revolución galega “se non hoxe, mañá”. O diálogo entre as tres artes que habitan as Estampas Galegas, convida a xogar entre si e gozar da súa conexión sen orde xerárquica. Podemos comezar pola música ou a ilustración e rematar coa historia, ou viceversa, deixando a elección en mans de quen le, mira e escoita.

Ollo! Esta non é unha publicación adecuada para persoas que buscan verdades absolutas. Estas estampas están cheas de boom, humor, alegría; e sobre todo amor, porque en realidade, e malia todo, isto é unha declaración de amor.

Um país com dous nomes

Com os melhores desejos

Roubarom-nos a heroína

Encerelhado

Como Elisa e Marcela con Pauliña

Orgulho guai

Um home é um home con Belém Tajes

Greve do assobio

Como Sue Ellen

Sei que habito


O livro-disco Estampas Galega está editado por ATRAVÉS EDITORA. Podes facer a túa encomenda na súa loxa online: atraves-editora.com/produto/estampas-galegas/

 

 Encerelhado


Contra os pré-xuizos sobre a nossa língua, que nom te encerelhem. Ama em galego.

Adianto de Estampas Galegas de Berlai.

Vídeo feito por IK Audiovisuais.

 

 

 

 

Cas Berlai (2020)
 

Un novo disco, máis acústico, creado durante o confinamento desde a súa casa da aldea, e éor iso que se chama ‘Cas Berlai’, como se di en vários lugares de Lugo e tambén Costa da morte.

máis acústico e caseiro, cantando á rutina e á beleza do cotiá. Nel, cada canción convértese nun espazo da casa: a cama, o corredor, o espello, o water, a sala ou a “cas de Tróski” (o seu can). 

 

Todos os temas son escritos por el agás a adaptación de “A lista da compra -da viúva-“, un poema de Emma Pedreira galardoado co Premio Poesía Jovellanos ao Mellor Poema do Mundo. Neles fala do seu pai, morto antes de tempo, das rupturas dos amores que nos tronzaron, do amor, das súas miserias ou do seu TDAH.

A beleza está nas “flores que nacen do cemento”. Así presenta Berlai este disco que foi composto e gravado case na súa totalidade no confinamento e sen verse entre os músicos. O son é acústico, feito na casa: contrabaixo (Pablo Sanmamed), guitarra acústica (Xiao), piano (Iago Mouriño), batería (Bruno Couceiro) e até uns kazoos (feitos de restos plásticos) convertidos aquí nos ventos do disco.

Este traballo nace no confinamento vivido na aldea. “Con todo o bo que ten morar aquí nestes momentos (e tamén noutros, claro). Sen esquecer as casas a medio construir no rural galego. Esas casas que son esquelete de formigón (como preludios de ilusións rotas)”. Esas casas que protagonizan a arte que se plasma no propio CD, asinado por Ernesto G. Torterolo, que coñecemos como autor das ilustracións do primeiro traballo de Xiao.

  

Berlai No Water

Un tema moi intimo creado durante o confinamento 

https://www.youtube.com/watch?v=T274780Ammo&feature=emb_logo


DISCOGRAFIA PREVIA


Desconhecido

Música, poesia, ilustraçom e cómic.

Um collage de canções, desenhos, poemas e sequências, onde cada um funciona livre dentro da unidade: peças com carácter independente, que ao mesmo tempo, como partes do todo, cobram um sentido novo.

No concerto desfrutarás da música sincera de Berlai, e também da narrativa ilustrada ao vivo e projectada. Uma travessia por uma história emotiva e real: A história de um homem desconhecido, de um homem solitário, que preferiu viver a sua vida como se fosse um sonho.

Uma história que combina de maneira consciente uma mistura explosiva de realismo sujo, cru e obsceno com o lirismo mais refinado. Onde o romantismo e a história de amor não conseguem escapar do sexo, da loucura e do desespero.

Entra no mundo do Desconhecido. Deixa-te arrastrar com nós e desfruta de uma experiência única que não deixará indiferente..

Axóuxere edita a banda deseñada-CD coa que se presenta a banda.

A BANDA

BERLAI ao completo:

- Bruno Couceiro (batería e percusons)
- Iago Mouriño (teclados)
- Ernesto G. Torterolo (desenhos)
- Pablo Pérez (baixo)
- Xiao Berlai (voz, mandolina, guitarra e composiçons)








No cd podemos atopar os temás:

Quem pudera ter sido...?
Intro Far West
Far West
Abro a janela
Só uma noite não é nada
Cruzei mares
Mil sorrisos
Só queria repetir
Às vezes..., perdim-te
Atacado de piolhos
Um livro estranho
Hoje é por fim... nós
Chegando a Mordor (Bonus Track)




Gravados nos Estudios Cormorán da Escravitude

 Podedes escoitar dous temas no bandcamp:
 https://berlai.bandcamp.com/album/desconhecido

Um Livro Estranho

https://www.youtube.com/watch?v=Asy-bUKgzKU
https://www.youtube.com/watch?v=itAeIQeli8s
FOTOS:

 
 
MÁIS INFO:



Contacto: 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 600 282881