MANIFESTO

Sendo que a Lei de Creación da CRTVG, no seu capítulo primeiro, a respeito da sua natureza e funcións dictamina no seu artigo 1 o seguinte:

  • Que se lle atribue á Compañía de Radio-Televisión de Galicia a misión de servizo público consistente na promoción, difusión e impulso da lingua galega
  • Que se estabelece como obxectivo fundacional da compañia a atención á máis ampla audiencia, favorecendo activamente a difusión cultural, intelectual e artística.
  • Que pra cumprir mínimamente o seu obxectivo a Compañía de Radio-Televisión de Galicia deberá fomentar a produción audiovisual propia de Galicia

E ante a inminente vulneración de tales princípios que supón o pretendido silenciamento do programa Planeta Furancho na grella da Rádio Galega...

Nós, profisionais do sector musical galego, usuári*s e rádio-ouvintes exiximos:

1. Rectificación inmediata por parte da direción da CRTVG e permanéncia en antena do Planeta Furancho. E non só, xa que toda vez aberta a caixa de pandora pola inobservante e prevaricadora dirección actual da compañia, esiximos ademáis un horario máis acaido pra algo que é central nas nosas vidas, desfrutar en liberdade das nosas músicas e na nosa língua.

2. Emprazamos a reunión urxente dos representantes da asociación Músic*s ao Vivo cos responsables de programación e/ou altos cargos do ente, para trasladarlles o noso malestar e o de gran parte do sector, polo tratamento da música na CRTVG, e en concreto a falta de programas adicados á música galega e á música ao vivo.

3. Exiximos tambén a volta inmediata do que consideramos foi un paso de xigantes para a difusión da música deste país. Referímonos ao programa "Aberto por Reformas".

4. Ademáis dos dous programas mencionados esiximos un programa de caracter rotativo nos estilos musicais e presentador*s, xestionado pola Asociación Músic*s ao Vivo.

5. Por último, e non por iso menos importante, demandamos o estricto cumplimento e atención á Lei de creación da CRTVG cumprindo así a finalidade principal que impulsa ao ente doente.

Notificamoslles que artellaremos accións de protesta consensuadas para porlle freno a esta situación no ente público canto antes.

Advertimoslles xa que a nosa proposta pasa por tomar a Rádio e os seus micros pois son nosos, non seus. Pra nós, como músic*s tanto profesionais como aficionad*s e como audiéncia activa, é fundamental e conforme a dereito ter acceso a canles de difusión publicas.

Anunciamos que desde xa coordinarémonos cos medios libres, alternativos, comunitários e municipais para difundir e facer valer as nosas demandas. Continuaremos a encher de vida estos medios independentes e a facer que medren, facendo programas neles e apoiando as canles de difusión dos mesmos. Ademáis de apoiar os xa existentes, apoiaremos que se construan novos medios de difusión cultural na nosa língua.

Proclamamos a nosa firme disposición a exercer o direito á desobediencia civil no tocante aos recortes dos nosos dereitos humanos como é o direito ao acceso á Cultura e a Información en toda sociedade que se pretenda libre, xusta e democrática.

Achamos que o Ser Humano é esencialmente creativo e artístico. Sabemos que se pretendemos vivir en base a iso cómpre facelo nós mesm*s, sen o permiso seu para ser libres, senón mais bem coa sua obediencia debida, pois o povo é quen mais ordea.

Ainda están vostedes a tempo. Recuen e salven a cara, que debia terlles caido hai tempo xa de vergonza.


Na Terra, 23/05/2015.