Dúbidadúo Trío

Componentes
Alberte Nuñez (acordeón diatónico)
Álex Fente (acordeón cromático)
Beni Frecha (percusión)







DúbidaDúo Trío é un trío composto por un dúo de acordeóns (Alberte Núñez e Álex Fente) e un percusionista (Beni Frecha). A súa música, de raíz tradicional, trae unha proposta de revisión do repertorio de formacións galegas de ámbolos dous lados do Atlántico da primeira metade do século XX: os irmáns Moreiras, Pazos de Merexo, os Trinta de Tribes, o Quintento Monterrei… levándoo á sonoridade dos acordeóns.
A súa proposta musical e escénica procura a participación do público e sobre todo convida ao baile.





CONTACTO:
dubidaduotrio@gmail.com