TALABARTE

 Un novo concepto de formación en Galicia, estrictamente acústico e baseado na música tradicional.
Neste proxecto únense tres músicos indispensables dentro da escea musical galega, o violino de Quim Farinha, o acordeón diatónico de Pedro Pascual e o contrabaixo de Kin García.
Xuntos propoñen unha viaxe a través das músicas populares de Galicia e de outras latitudes. O repertorio complétase con composicións propias. Todo isto aliñado con distintos enfoques estéticos que van desde a linguaxe do jazz pasando polo tango ata a tradición musical europea.
Provintes de bandas como Berrogüetto, Marful ou Susana Seivane Grupo, contemporaneidade e tradición xuntas nun concerto diferente, sen deixar de mover os pés nen deixar indiferentes ós sentidos


TALABARTE "FAKE"



TALABARTE,  están preparando o que vai ser o seu segundo disco e que se vai titular FAKE, con data de saida no vindeiro 18 de novembro na tua tenda favorita ou plataforma dixital.

O CONCEPTO: “Cóntase que os Talabarte viaxaron durante 15 anos a bordo do Tradincerto, e descubriron unha serie de historias que espertaron o seu interese e fascinación". Así se presenta FAKE, o novo libro-disco de Talabarte, que verá a luz o 18 de novembro. Co fío condutor desas historias que non se sabe canto teñen de real e canto non, compilan ritmos bailables da tradición europea, e mesmo de alén do Atlántico: mazurcas, schottish, milongas, polskas ou tarantellas...


O FORMATO: un libro?, un disco?

FAKE sae á venda nun gran formato: un CD de 12 temas que vai insertado nun libro de 33x33cm de 50 páxinas con ilustracións de P. Pastor e textos de Carlos Meixide.

Podedes escoitar os temas adianto Kuun Laulu, Sísamo road é Pivo no seu oundcloud: 
https://soundcloud.com/user-150391940

Seguiremos informando!!


DATA DE SAÍDA: 18 DE NOVEMBRO DE 2016

DISCOGRAFIA PREVIA:
Talabarte


Temas:

1 Tres Golpes 4:40
2 Pasacorredoiras Gorentoso 4:55
3 Vísteme Amodo Que Teño Presa 6:26
4 Sara 5:32
5 Santiagreb 5:11
6 Arbore-Struga 6:26
7 Vl'à L'printemps 5:15
8 Ghoteando 4:28
9 Abaníqueme 4:40
10 Fendendo Achas 5:48
11 O Garotinho De Nebra 5:53
12 Le Route Des Avaloirs 3:21
13 Arrandiando 6:09

 

 

TALABARTE _ Fendendo achas

https://www.youtube.com/watch?v=opTwOOzaTw0

 videoclip do trío TALABARTE, realizado por Quique Otero.

 https://www.youtube.com/watch?v=opTwOOzaTw0


COMUNICACIÓN FOL MUSICA
Lourdes Martínez
comunicacion@boa.es
+34 91 362 30 16

CONTRATACIÓN:
Manuel Roxo
info@culturactiva.org
981 582 836