ENTREVISTA FLUE


--Quen son e donde xurxe este proxecto chamado Flúe?

Flúe somos una banda localizada en Compostela formada en febreiro de 2016.Todos procedemos de diversas bandas previas que estivemos intentado dar guerra durante os últimos anos e que agora confluímos nesta idea chamada Flúe.Somos Rober Filgueira á voz,Iván ó baixo,Roberto Couto á guitarra e Rafa”Fulas” como batería.
Foto de  Adián de Pixelinphoto
--Como definiriades a música que facedes?

Nun principio partimos da idea de facer o que nós dimos por denominar como rock metalizado ou metal enrockecido.Ó final non sabemos moi ben se o conseguimos ou non pero soábanos canto menos interesante.Básicamente a estructura basease no rock e no metal contundente,dinámico e con matices.

--Acabades de publicar o voso primeiro videoclip.Que nos podedes contar ó repecto?

Sí,fai pouco publicamos o clip de “Todo segue igual”.Decidimos grabar un par de temas en estudo e facerlle videoclip a cada un deles.Este é o primeiro e esperamos pronto,nos próximos meses, poder publicar o segundo.

--Con quen realizástedes a grabación de “Todo segue igual”?

O video foi cousa de Adián de Pixelinphoto.Quedamos realmente satisfeitos co seu traballo,ademáis foi moi divertida a rodaxe.
O son e de Iago Pico de Pousada Son con quen xa traballaramos con outras bandas no pasado,sempre é un acerto e un pracer traballar con el.
Flúe Todo segue igual

https://www.youtube.com/watch?v=K_tqH4hrMdQ

Tema gravado en http://pousadason.com/
Video gravado en http://pixelinphoto.com/
Flúe-logo creación de http://www.josemariapicon.es/
Flúe CONTRATACIÓN: flue.grupo@gmail.com


--Non levades nin un ano de existencia e xa vos presentades con un clip de nivel e os primeiros concertos.Parece que non queredes perdelo tempo…

Ben,durante estos meses estivemos preparando un repertorio propio de 13 temas.Tiñamos claro que era importante publicar un video para dar a coñecer o grupo e agora toca actuar nos directos,é o camiño lóxico.O primeiro concerto será na nosa cidade,o sábado 7 de xaneiro na Genthalla do Pichel acompañando a Delombaos.

--Tedes plans a curto prazo aparte dese primeiro concerto?

Claro,quedanos pendente meternos en breve na rodaxe do segundo clip e temos por diante algún concerto mais:o 27 de xaneiro estaremos en Vigo no Transylvania cos valencianos Synlakross,o 16 de febreiro na sala Moon en Compostela con Ánima e alguna data mais por concretar próximamente.

Foto de  Adián de Pixelinphoto

--Como se pode contactar coa banda?

A través das redes sociais como facebook,instagram,twitter e no noso correo electrónico flue.grupo@gmail.com

-Algunha cousiña que queirades engadir para rematar?

Primeiro de todo agradecer a labor de Música en Galego polo traballo que realiza durante xa fai un lote de tempo para manternos informados ó día da escea musical do país.

En segundo lugar,animar a todo aquel que lle guste a música con enerxía e en galego que se achegue a algún dos nosos concertos.

Grazas e un saúdo!
 Foto de  Adián de Pixelinphoto