ZOELAS



ZOELAS SON:
Beatriz García (Voz)
María Bouzas (Voz)
Pilar Naveira (Voz)
Érica García (Voz)
Patricia Coucheiro (Voz)

Michel Rivadulla (Guitarra)
Bruno Villamor (Requinta, Zanfona e Gaita)
Miguel Varela “Miki” (Percusións)





ZOELAS é nome é collido daquela tribu prerromana que habitaba a zona noroeste da península.
ZOELAS é un matriarcado que, partindo do seu contacto coa música tradicional, deciden xuntar inquietudes musicais para dar lugar a un proxecto no que misturan as raíces do canto tradicional con melodías doutros estilos musicais e letras propias convivindo con coplas recollidas.

ZOELAS: ofrece unha proposta musical en galego, cantada por mulleres, no que a mestura de ritmos e estilos converxen na música de raíz universal con base na nosa propia música tradicional. Un son que sae da mestura de versións de pezas recollidas ou melodías tradicionais con propostas musicais orixinais de creación propiamente "zoélica".
Matriarcado. O canto como berro. Zoelas. Música tradicional fusionada con outros estilos. Un dicire propio, que agroma do canto do País para pendurarse en arranxos que miran con outros e cos mesmos ollos. Todo está por escribir nun lenzo que sabe a monte, a Terra. Unha terra que ferve e que, máis tarde que cedo, botará por fora.
A muller e o rural galego. A convivencia xorda de dous mundos condenados a habitar no esquecemento, sentindo un profundo orgullo pola muller e o rural galego, desas mulleres que labraron (e aínda labran) os regos dun mundo cheo de contradicións. No rural tamén hai ruído, xuventude, rabia. No rural as mulleres son emprendedoras, innovadoras, creativas e soñadoras. Berran nos silencios cómodos. Escriben letras para esquecer ordes. Fan música antes de ter instrumentos. No rural as mulleres estan vivas. Cos cabelos revoltos. Co carro diante dos bois.
Nesta estampa nace Zoelas. Sempre no intento de mergullarse nun rural vivo. De non esquecer de onde vimos. De amarralo sen fraquear. De conservar pero no cambio, non na permanencia. De sentirnos vivas e non esmorecidas.


tesmenteira (2016)

1. Amor Lésbico
2. Evelaités
3. Juisconsin
4. Ruleando

GRAVACIÓN: ODAIKO KREA







PODEDES ESCOITALO EN:
https://zoelas.bandcamp.com/


e no Youtube:

evelaités
https://www.youtube.com/watch?v=bTlpV44Oy4I


videos anteriores:

 Mantra & O Lenzo do Silencio

https://www.youtube.com/watch?v=MafjKKKWUA8

 https://www.youtube.com/watch?v=MafjKKKWUA8

C O N T A C T O :
grupozoelas@gmail.com