SEÑORA CARMEN

"A Señora Carmen Tivo unha vida moi dura, algo que deixou pegada na súa voz e na maneira de expresarse", explica Uxía, quen destaca que a Señora Carmen cantaba "desde as entrañas da terra".
Foi fundadora do grupo Malvela, que xurdiu a partir dun cursiño de cantos populares dirixido pola cantante Uxía. Con el publicaron Que o pano non me namora" (2002), "O aghinaldo" (2004), "Da miña xanela á túa" (2007) e "Raianas" (2011).

A Señora Carmen subiu por primeira vez a un escenario con 70 anos, o seu carisma e paixón musical desta muller fixeron que pronto os produtores se fixasen nela para a elaboración dun disco propio.



Na flor dos meus anos (2008)

Editado por Pai Musica Edicións

A Señora Carmen, compoñente do grupo Malvela, debutou en solitario con “Na flor dos meus anos” arroupada con colaboracións tan importantes como as de Dulce Pontes, Xosé Manuel Budiño, Uxía ou Rodrigo Romaní no eido musical e os textos do escritor Fran Alonso no libro que acompaña ao disco e no que dá conta da vida desta muller singular.

"Na flor dos meus anos" componse de 11 pezas de corte tradicional cheas de sentimentos nas que conta a súa vida mergullándose na Galicia que viviu de nena. Ademais do CD e o libro o paquete complétase cun DVD cun documental sobre a vida desta muller e varios vídeos das cancións así como da gravación nos estudios Casa de Tolos.

Temas:
Na Flor Dos Meus Anos
Valse De Pazos
Ramo Verde
Canto De Seitura
Asa De Vento
Rosiña Do Mes De Maio
É Mentira
Y Al Amanecer Se Marcha El Tren
Camiño Da Festa
Amor Na Cume
Maio Longo

Señora Carmen - Na flor dos meus anos

 https://www.youtube.com/watch?v=Sq4kDUS6khk
 https://www.youtube.com/watch?v=Sq4kDUS6khk

Señora Carmen - Ramo verde

https://www.youtube.com/watch?v=9NtXq6wPHzE

https://www.youtube.com/watch?v=9NtXq6wPHzE

 

Con 89 anos faleceu en xaneiro de 2015. 

Que endexamais perdamos o seu xeito de estar na vida!!