Este disco narra, a través das súas cancións, a apaixonante viaxe de Yoyo, un rato afable e soñador que un bo día decide abandonar a seguridade da súa tobeira na procura de aventuras, co desexo de descubrir lugares distintos e facer novos amigos.
Así, coñecerá a Tutú en Brasil, viaxará por Europa do Leste, baixará ás profundidades do océano, cantará á lúa chea en África, visitará os xardíns máis fermosos, asistirá a un baile de máscaras e vivirá mil e un paripés ata rematar nun deserto imaxinario onde descubrirá que a maior viaxe está no seu ollar das cousas, de si mesmo e dos demais.
O deseño e de Olalla Fernandez http://olallafernandez.com/Disco-A-Viaxe-de-Yoyo-DOUS
DOUS
No ano 2017 DOUS presenta A viaxe de Yoyo, o seu terceiro traballo discográfico editado baixo o selo galego Nakra e no que continúan na liña marcada nos seus traballos anteriores, mesturando influencias de músicas do mundo e improvisación para crear un repertorio de composicións propias que afondan na procura da emoción por riba do virtuosismo técnico,
convidando ao ouvinte a unha viaxe a través dos sentidos.
DOUS nace alá polo ano 2001 cando Fernando Abreu e Pablo Carrera se coñecen durante a gravación do primeiro disco de Mercedes Peón. A partires daquel encontro realizan sesións de improvisación que deixan gravadas e que servirán tempo despois como base das composicións recollidas no seu primeiro traballo, sÓ sOn sOns (Falcatruada, 2008). No ano 2012 publican DOUS (Nakra), un conxunto de pezas onde a melodía e as músicas populares do mundo sitúanse na base da súa creación.
Ao longo da súa traxectoria tamén teñen traballado na creación dos espazos sonoros dos espectáculos teatrais A Paz do Crepúsculo e García, dirixidos por Candido Pazó. A súa música serviu de acompañamento en varios traballos audiovisuais e en obradoiros de arteterapia por toda a península, formando parte do equipo VOArte xunto a Victor Orive. Estas experiencias foron cruciais para levalos a afondar na capacidade terapéutica da música.
DOUS ten sido finalista dos Premios Martín Codax da Música Galega en tres edicións dentro da categoría de Músicas do Mundo.
DOUS, PARIPÉ
https://vimeopro.com/user1971386/dous/video/211495512
Fernando Abreu nos clarinetes e Pablo Carrera nas guitarras e a voz son dúas personalidades diferentes, dúas bagaxes vitais coas súas influencias sonoras que se unen para crear un todo chamado DOUS.
FERNANDO ABREU é titulado superior en Clarinete polo RCSM Madrid. Os seus intereses
musicais lévano a especializarse en interpretación de Clarinetes Históricos polo Koninklijk Conservatorium da Haia (Holanda). Especializado en Música Tradicional Galega pola USC, contínua a súa formación cun DEA en Etnomusicoloxía pola Universidad de Valladolid.
No terreo profesional foi membro do Ensemble de Música Contemporánea do Centro Galego de Arte contemporánea e da O.M.E.GA. (Orquestra de Música Espontánea de Galicia). Así mesmo, é colaborador habitual en directo e en estudio de Mercedes Peón e convidado en gravacións e concertos dunha gran cantidade de artistas galegos, entre os que se atopan Pablo Novoa, Ecléctica Ensemble, Xardín Desordenado, Doctor Harapos, Sete Saias, Malvela ou Om-Off.
Na actualidade é membro do Cuarteto Caramuxo e da Banda Crebinsky e exerce como mestre de música no IES Salvaterra de Miño.
PABLO CARRERA é guitarrista, compositor, produtor e músico experimentador, amante do son, habituado a crear texturas sonoras e resonancias emocionais, adicto á improvisación e capaz de moverse en diversos estilos musicais dende as músicas étnicas e o blues ata as vangardas sonoras contemporáneas.
Foi creador, xunto a Víctor Lorenzo, do grupo Doctor Harapos co que editou o disco Historias de Psiquiátrico no ano 2005.
Na actualidade tamén é membro da Banda Crebinsky e de Leopol, dúo de improvisación xunto ao batería Leandro Deltell. Ademais, como artista en solitario, Pablo Carrera interpreta temas clásicos de blues, o que lle valeu unha nominación como finalista dos Premios Martín Codax da Música Galega na sua 3ª edición na categoría de Blues, Funk e Soul.
DISCOGRAFIA PREVIA:
Dous
"nOn sOn sÓ sOns" foi un disco só de descarga dixital que publicamos en Alg_a.org ao tempo do noso primeiro disco con gravacións de corte mais contemporáneo e experimental.
So son dous
ONDE ATOPARNOS
www.sondous.com
dous@sondous.com
___
Management/Contratación:
Patricia Verdial
609 759 616
patricia.verdial@gmail.com