Mulleres de Gargamala!. O son do Condado



O novo libro que acaban de publicar na colección Chave Mestra e que edita aCentral Folque foi escrito pola etnomusicóloga Xulia Feixó e o folklorista Guillerme Ignacio .

As músicas que nos legaron e mantiveron viva as pandereteiras de Gargamala ao longo das xeracións e que están representadas nas mulleres que gardaron na súa memoria as cantigas, os xeitos e o esforzo de organizar e partillar a súa saberdoría.

Se Mondariz é sinónimo de pandeireteiras en Galiza, Gargamala é unha das súas capitais indiscutibles. As mulleres e homes desta parroquia souberon manter un enorme repertorio de cantigas bailables para o serán acompañadas da pandeireta e da gaita, entre bailes soltos e agarrados.

Pero non só. Conservan ademais un bo número de cantares a capela, do ciclo da vida coma xogos ou arrolos; ou do ciclo do ano coma cantares de Reis ou das labores do agro. Dentro destes inclúense tamén os pertencentes ao ritual da Aña, correspondente ao tempo das labradas, e onde cantan ao son que marca a propia ferramenta de traballo (o leghón) batida cunha pedra.

Este libro contén fotografías a cor, textos para entender o contexto no que se devolven estas prácticas musicais, partituras e un CD con pezas de diferentes arquivos sonoros e gravacións novas feitas á última xeración de cantadeiras de Gargamala.

O libro esta dispoñible nas librarías do país e na plataforma de venda en liña de  Iquedanzas Sonoras https://www.inquedanzas.com/