PRIMORDIAIS

Primordiais, dúo formado por Luis Martíns coa arpa e Marcelo DoBode na voz e percusión dous nomes sobradamente coñecidos na música folk e tradicional de Galicia forman “Primordiais”.

Estes dous músicos desde Soutomaior traénnos as súas “musicas de OrTa”, musicas en crecemento, simbiose perfecta entre tradición e Modernismo.

 Despois de varios anos dándolle voltas a este proxecto a finais do 16 lanzaron o seu primeiro traballo discográfico, “Droguería Moderna”



 “Drogueria Moderna”(2016) , é un traballo elegante e alegre, formado por temas tradicionais arranxados por Primordiais e por temas propias, compostos por Marcelo DoBode.

Primordiais chega para reinventar a música tradicional, presentándose como o perfecto exemplo do que é a adaptación da tradición aos tempos actuáis. Nadie dubida da necesidade de adaptarse aos tempos para non morrer, e o mesmo lle pasa á música.

Con Primordiais a música tradicional non se desvirtúa, senón que evoluciona da forma máis loxica posible, adaptándose perfectamente ás temáticas e peculiaridades do século XXI, pero mantendo a esencia e a tímbrica da tradición máis pura.

Primordiais  ademais de concertos en Auditorios, fan tamén presentacións aos escolares das vilas para que os máis novos coñezan de perto estas músicas tan próximas e, se cadra, tan descoñecidas para eles.

Temas:

Por ti moreno
Tenderé
Voa o aire
Pola fraga
Zorongo gitano
Flor de canela
Viva amigo
Abalarte
Lévame
Zas
Miña Roxiña
Martíns
A cucaracha


VIDEOCLIP

O primeiro videoclip foi realizado por Rubén Moril. O  tema escollido foi “Por ti moreno”, unha das primeiras cancións do dúo e sobre todo, das que máis engancha ao público, que rara é a ver que non remata acompañando aos músicos cantando o retrouso desta pegadiza melodía.
O videoclip de “Por ti moreno” leva a Primordiais a diferentes ubicacións de Galicia, sempre acompañados do seu xa famoso sofá vermello. Un traballo cheo de cor, alegría e diversión, no cal nin os propios transeúntes que se toparon coa grabación do mesmo puideron evitar saír a bailar, como se pode apreciar na montaxe final.

Primordiais - "Por ti moreno"


https://www.youtube.com/watch?v=mR6scgyuTI0
https://www.youtube.com/watch?v=mR6scgyuTI0



CONTACTO:


Para máis información e entrevistas:

inesportela@madapro.es / 690.195.217