Wach McKánijan & The Outsiders

Wach McKánijan & The Outsiders nacen no ano 2013 por mor de que Wach, compositor de "Co DEMO no corpo", presentou a sua maqueta nun concurso. Pra sorpresa de todos, a súa obra resultou gañadora do concurso e foron invitados a participar no Festival Arde Rande 2014.

Wach McKánijan: "Por aquel entón non tiña nin banda, foi unha sorte que axiña reclutei un grupo de foraxidos pra comezar o noso camiño dende o baixo dunha ponte" (Ponte de Rande, onde se celebra este festival).

Co paso dos anos a banda gaña experiencia e completa o seu repertorio de temas propios ata cubrir máis de 2h de actuación. A temática afástase un pouco do resto de música country, podemos atopar dende unha oda a eses teitos que cubren os ghalpons do país (Aurelita) ata a procura de novos furanchos (Buscando loureiro).

Despois do paso por furanchos, chiringos, salas e locais son chamados polo festival Morrasound (2016).

No 2017 protagonizan un episodio de Litium Sessions, grabado en directo nos estudios Litium de Pontevedra, tamén continuan coas grabacións nos estudios TalkerSound  cara a xira de 2018.

 Wach Mckánijan e os Outsiders 

 Aurelita

https://www.youtube.com/watch?time_continue=174&v=4edRuMLugIY

 https://www.youtube.com/watch?time_continue=174&v=4edRuMLugIY

 

Wach Mckánijan e os Outsiders 

Chaparritas

https://www.youtube.com/watch?time_continue=54&v=g1HC9Jr9jsQ

 https://www.youtube.com/watch?time_continue=54&v=g1HC9Jr9jsQ

Wach Mckánijan e os Outsiders 

Felis

https://www.youtube.com/watch?v=htF-lavWbUs

https://www.youtube.com/watch?v=htF-lavWbUs

https://wachmckanijanandtheoutsiders.bandcamp.com/album/co-demo-no-corpo

Co demo no corpo (2014)
1. SAN MARTIÑO
2. DUAS JOTAS NEJRAS
3. BUSCANDO LOUREIRO
4. DESDICHA
5. XA MO DICIA O MEU AVÓ
6. AURELITA
7. FELIS

Mercadeo/descargadeo en: https://wachmckanijanandtheoutsiders.bandcamp.com/album/co-demo-no-corpo


Se queredes seguir informados sobre esta orixinal banda galega gharda esta web no teu navegador porque o que gharda sempre ten...:

http://wachmckanijantheoutsiders.simplesite.com/



Contacto:

Se precisades máis información sobre nos ou decidides poñervos en contacto para contratarnos terédelo máis doado que co equipo A. So tedes que dicir o tipo de evento que andades a argallar e as vosas dúbidas sobre a nosa música, letras, repertorio, prezo ou de quen ven sendo cada un dos Outsiders no seguinte e-mail:

wachmckanijantheoutsiders@gmail.com