CORRELINGUA, denominación que adoptaron de maneira común as diversas carreiras en prol do idioma que se convocan no país, é unha proposta de carácter lúdico-educativo que pretende convidar á mocidade e aos centros de ensino a participar nun acto público de reivindicación do dereito a medrar en galego e tamén a exercer de maneira efectiva como galegos e galegas a través do uso do noso idioma, única forma de garantir o seu futuro.
O concurso musical do Correlingua 2018.
Para participar cada grupo ou solista deberá enviarlles aos organizadores unha canción orixinal en lingua galega en formato MP3, unha pequena presentación da banda ou solista e unha fotografía, e indicar un enderezo electrónico e teléfono de contacto a correlingua@correlingua.gal ou a correlingua@gmail.com.
Valorarase especialmente que o tema sexa creado para a actividade e que se basee no lema desta edición do Correlingua: a lingua non para.
O prazo para entregar as propostas remata o 1 de abril do 2018.
O premio ha consistir en actuar para un público escolar dentro da programación do Correlingua entre o 2 e o 16 de maio de 2018, actuacións que terán cadansúa achega económica de 600€ brutos para a banda.
Segundo vaian chegando, os temas subiranse á web do Correlingua e tamén os publicitarán na súa páxina de facebook.
Podedes descargar as Bases Completas do Cantalingua 2018 en:
https://drive.google.com/drive/folders/1WA9OWbnyFmReFqJYYwVSUEKHkywpddM8