NOVAS ABRIL 2017


https://www.youtube.com/watch?v=p6HCHi_e_tE&feature=share

Os Derradeiros "A min" é unha crítica á dictadura das formas, namentres, os verdadeiros problemas seguen aí esperando que alguén se ocupe deles.
A discusión sobre as formas non é mais que un simple xogo para distraela atención.
Está gravado en Laboratorio SOYUZ e as imaxes son de Galiza Contrainfo
Avance do novo disco de Os Derradeiros.
https://www.youtube.com/watch?v=p6HCHi_e_tE&feature=share


https://www.youtube.com/watch?v=ySVo-AvSz1Q&feature=youtu.be


Antilia Se che din
Segundo video-clip del álbun "Norte e Sur" de Antilia.
https://www.youtube.com/watch?v=ySVo-AvSz1Q&feature=youtu.be

https://www.youtube.com/watch?v=wiYuc5V0P2c&t=186s

Sonia Lebedynski Inventario do Prohibido

Tema incluido no seu disco en solitario Deserto de Centos
https://www.youtube.com/watch?v=wiYuc5V0P2c&t=186s


http://musicaengalego.blogspot.com.es/2016/04/fotos-ialma-camino-na-sala-riquela.html

Na axenda de concertos atoparedes as datas e lugares dunha nova visita de Ialma na Galiza a principios do mes de Maio.
Tiven a grande fortuna de disfrutar da súa actuación ao vivo na Sala Riquela en Compostela, presentando o seu novo disco Camiño.

Mais fotos en:http://musicaengalego.blogspot.com.es/2016/04/fotos-ialma-camino-na-sala-riquela.html

Máis Info en: http://musicaengalego.blogspot.com.es/2011/06/ialma.html


http://musicaengalego.blogspot.com.es/2016/04/as-maiminas-volta-revolta-e-reviravolta.html

“Volta, Revolta e Reviravolta” é o título do  segundo libro-disco de As Maimiñas (publicado pola Editorial Galaxia en 2017, dentro da súa colección Sonárbore), e que xa están a presentar por toda a Galiza.

O enlace permanente na sección infantil e toda a info en:
 http://musicaengalego.blogspot.com.es/2016/04/as-maiminas-volta-revolta-e-reviravolta.html

https://www.youtube.com/watch?v=Jx3zXPBS6z4&feature=share

DARIO DK - DESBARALLE

Primeiro tema en galego de Loucost por conta de Darío DK. Esperamos que vos guste!
Gravación e mezcla do tema así como realización del videoclip por Rives en Randufe Studios
.

 https://www.youtube.com/watch?v=Jx3zXPBS6z4&feature=share



http://musicaengalego.blogspot.com.es/2016/04/leira-catro.html

Polo regho do Jazz chegan a nosa Via Stellae particular Leira Catro, e fanno cun disco que ainda fumegha: "Heroe"
Tendes toda a info en: http://musicaengalego.blogspot.com.es/2016/04/leira-catro.html


Enreguéifate: Certame de Regueifas

Ídevos arrexuntando
se queredes regueifar
porque a partir de hoxe
podedes participar.

Inscricións abertas até o 30 de abril.
Bases completas en santiagodecompostela.gal/lingua

Panel de musicaengalego no XIX Encontros para a normalización lingüística.Dereitos lingüísticos, unha garantia pendente? http://consellodacultura.gal/evento.php?id=200556

Panel de musicaengalego no
XIX Encontros para a normalización lingüística.Dereitos lingüísticos, unha garantia pendente?
http://consellodacultura.gal/evento.php?id=200556

https://www.youtube.com/watch?v=Kc5GnUOM_Gg

Hugo Guezeta - Episentro
"Episentro" é o clip do tema adianto da nova maqueta de Hugo Guezeta #ADignidadeNonSeMerca.
Realizado e dirixido por Tomás Flórez con Fonsi Fernández na cámara.
https://www.youtube.com/watch?v=Kc5GnUOM_Gg

http://musicaengalego.blogspot.com.es/2016/04/fotos-skandalo-gz-x-aniversario-sala.html

SKANDALO GZ andan a celebrar o seu X Aniversario. Eu tiven a sorte de asisitir ó concerto na Sala Master de Vigo. As fotos desta volta foron fruto da colaboración expontanea con Alberto Lora Lora, compartindo obxetivos fotograficos e sacando os dous as fotos.
máis fotos en: http://musicaengalego.blogspot.com.es/2016/04/fotos-skandalo-gz-x-aniversario-sala.html

http://consellodacultura.gal/evento.php?id=200556

musicaengalego estará presente nos
XIX Encontros para a normalización lingüística. Dereitos lingüísticos, unha garantia pendente?
Organizados polo Consello da Cultura Galega a través dun panel exposto durante os mesmos.

No seguinte enlace podedes ver o programa e inscriviros
http://consellodacultura.gal/evento.php?id=200556

https://soundcloud.com/user-348545260

Xa podedes escoitar os temas de Azul de Bueu no seu Soundcloud https://soundcloud.com/user-348545260 e máis info da formación na entrada adicada http://musicaengalego.blogspot.com.es/2015/03/azul-de-bueu.html


https://xeriongaliza.bandcamp.com/album/na-fraga-estremecida

XERIÓN "Na fraga estremecida" xa dispoñible para descarregamento.
"Na fraga estremecida" foi editado nun compartido con ANTIQUUS SCRIPTUM limitado a 300 copias en CDr-pro por Wolfmond Production (WP154) en xaneiro de 2017.
Podedes escoitalo e descargalo en: https://xeriongaliza.bandcamp.com/album/na-fraga-estremecida


A COMPAÑÍA DO RUÍDO BERRA!
“12 meses, 12 punchis”.
Marzo, bola 3…Avanses!!
BERRA! é a terceira cantiga das doce que presenta “A Compañía” durante o ano 2017.
Dende tempo atrás escoitamos a diario falar sobre a pronta desaparición da nosa fala.
Ante tanto pesimismo, non podemos máis que aportar unha mensaxe de forza e agarimo ao noso patrimonio máis importante, "A Lingua", e botar un berro ao mundo:
NACIDA PRA BERRAR EN GALEGO!!

Gravado no Estudio A Ponte por Tomás Ageitos.
Masterizado polo Dr. Chou.
Producción de vídeo a cargo de Pablo Chouza.

Colaboración de Emiilio, Rubén, Lucas, Nico e Candi nos ventos, e a voz de García Mc.
O poema da introducción corresponde a Manuel María.
https://www.youtube.com/watch?v=IBpde14h0uw&feature=youtu.be&list=PL-rhiw-sXa1c0TzL4GRKVVPsmSfcVUMox


MAIS NOVAS EN : 
http://musicaengalego.blogspot.com.es/2017/03/novas-marzo-2017.html