OS RESIDUOS ATRACTIVAS


Compostaxe:

Nacho Aluarez: acordeón, percusión, voz e coros.

Alvaro Lamas: zanfona, percusión, voz e coros.

Evaristo Alejos “Alex”: gaita, baixo eléctrico. percusión, voz e coros.

Maria Alvarez "Masha": gaita, arpa, percusión, voz e coros.

Juan McKinnon Young Bateria.


Despois de anos de intensa meditación e ausencia de contratación, estamos aquí de novo. Vimos de rematar a gravación do noso primeiro disco e devecemos por tocalo en directo.



Unha noite xa é bastante (2018)

"O noso cubo do lixo xa botaba por fóra e decidimos compartir convosco unha pouca da nosa merda. Velaí vai o noso primeiro traballo: Unha noite xa é bastante. Dezaoito cheirentos detritos para escoitar mentres ledes a Dostoievski ou fritides unhas salchichas. Agardamos que vos dean tanto noxo como a nós!

Os nosos residuos foron reciclados polas infectas mans de Isaac Millán nos estudos da Lagharteira durante dous interminables encantadores anos. Tentou poñer orde nos textos Raquel de Penas. E mirou por nós, acompañounos e fotografounos Alicia Francés, amais de darlle forma e cor ao noso disco.

Tamén son culpables desta desfeita: Bieito A. Carrero, David Estévez, Paco López, Nardo Fernández, Andrés Fenoy “Cacharro”, Marcos Neira, Tamara Martínez, Charo Figueroa e o gran Herodes Lagares (guau!).

Tracklixo:

Canto se toca aquí?
Carmiña Maniquí
Northern
Marghasand
Panxolinha and Roll
Árbitro cabrón
Foliada purista
Arboreto
Neuroniña
Vigo
O cata de Camposancos
Foliada ludópata
Rumba e arancha reveriana de Ribadeo
Muiñeira da Estación
Acordeón preñado
Pandeiretada das hostias no lavadoiro
In memoriam
Compost track "

Podedes escoitar algúns dos temas en:

https://osresiduosatractivas.wordpress.com/multimerda/


Mais info en:
https://osresiduosatractivas.wordpress.com/blog/



CONTACTO:

residuosatractivas@gmail.com