PAULIÑA


Paula Chaves, máis coñecida como Pauliña no panorama musical é unhas das voces femininas con máis carácter e personalidade hoxe en día. A súa imaxe provocadora, a súa forma de ser: directa, sinxela, achegada..., non deixa indiferente a ninguén.
Pauliña comezou na súa terra natal, Cambados. Encantáballe compoñer, escribir o que sentía e aínda así cos poucos acordes que sabía amarrou a guitarra ao lombo e lanzouse a percorrer locais do seu entorno da bisbarra para expresar ca música o que acontecía na súa vida, provocando ao público sentirse identificado con moitas destas letras.
Moi nova, trocou por impulso esa terriña das Rías Baixas por outra costa diferente, a de Inglaterra concretamente Eastbourne. Alí, como non podía ser doutro xeito a música acompañouna, tamén a tristura, a morriña de abandoar Galiza, a capacidade
de buscarse a vida e a nova paisaxe mesturaron nela unha morea de emocións.
Cando considerou que a súa experiencia vital en Inglaterra rematara, fixo de novo
as maletas e voltou pra Galiza.
Ten colaborado nos escenarios con Vituco Neira (Ruxe-Ruxe), Fosi (DeLombaos), ou Zënzar, ou NAO entre outros.


De-xeneración

Agora da man do selo discográfico e axencia de manágement galega Xonix Records, ven de sacar o seu primeiro disco en solitario.
En solitario non pois rodeuse dunha gran banda formada por músicos con máis de 20 anos de experiencia enrriba das táboas, e que levan moitos concertos as súas costas :

* Iago Jorge: Batería
* Lolo Arincón: Baixo
* Francisco Montoto: Teclados
* Julián Gullón: Guitarra





Temas:

1– Vinte años Máis
2 – Xeitos de Sorrir
3 – Non é Ficción
4 – Vas Morrendo
5 – Amelia
6 – Se temos que Partir https://soundcloud.com/xonixrecords/se_temos_que_partir
7 – Camiños
8 – Voume Despedindo https://soundcloud.com/xonixrecords/voume_despedindo


Pauliña - Non é ficción

https://www.youtube.com/watch?v=37KWKu7kT_s&feature=youtu.be

 https://www.youtube.com/watch?v=37KWKu7kT_s&feature=youtu.be

 

 Camiños

https://www.youtube.com/watch?v=8HhizEHrft4

 Video gravado en Casa das Crechas por PixelinPhoto

https://www.youtube.com/watch?v=8HhizEHrft4

 

 Contratación: 

managementxonix@gmail.com

Contacto: 

619 73 00 66