TENUE

Tenue naceu en vran de 2016 por unha broma entre colegas. Eramos dous ao principio, e non tiña maior pretensión que ser unha banda de emo para un concerto con Drei Affen na nosa primeira casa, o C.s. Fuscalho. En novembro comezamos a tomarnos a banda máis en serio. Aburrímonos de tocar lento e metemos a mítico Chelino a tocar o baixo. Demos o noso primeiro concerto como power trío con Dûrga no Fuscalho. E aí decidimos seguir. Grabamos unha demo un mes despois e a autoeditamos. Só queríamos tocar, así que argallamos unha xira cos nosos coleguis de Fuerzas Libres del Interior e #Marmol. Percorremos todo o norte da península coñecendo a peña superriquiña e crecemos con elxs.

Tenue é unha das nosas formas de lidiar co mundo que nos rodea. E sen a vosa axuda pouco podería ter sido... Moitísimas grazas a todas polo apoio, o afecto e as ceas veganas. Por meternos nas vosas casas e tratarnos como familia. Por levarnos por aí cando non tiñamos buga para ir tocar. Grazas a toda a peña que nos mercou camisetas e discos - xa se esgotaron os discos e só nos quedan 3 camisetas, brutal. E grazas por compartir camiño con nós en tantas loitas.

A todas as bandas coas que tocamos, toda a xente que nos montou concertos - colectivos, okupas, garitos, bandas, compis·amor, etcétera-, quen estivo pendente do sonido ou limpou unha okupa despois dun conci noso, quen colou un cartel, quen se acordou de nós pra ir tocar a algún lado aínda que non poidésemos.

Por vós Tenue é o que É !!!
https://tenuepunx.bandcamp.com/
 Anábasis (2018)

Anábasis. Do grego ἀνάβασις, expedición cara o interior.

Porque aínda estamos comezando a percorrer os nosos desertos.

Temas:

Narrenturm
Mythos
Cisma
Vertixe
Carne
Silencio
Am-Ar


Tenue | Anábasis

https://www.youtube.com/watch?v=O73I2Ngumrc

 https://www.youtube.com/watch?v=O73I2Ngumrc


Podedes escoitalo en:

https://tenuepunx.bandcamp.com/

e descargalo en:

www.mediafire.com/file/ftw9fb90v6tmma2/Tenue_-_An%25C3%25A1basis.zip/file

https://tenuepunx.bandcamp.com/album/demo-mmxvii
Demo MMXVII

https://tenuepunx.bandcamp.com/album/demo-mmxvii















CONTACTO:

merdacriu@riseup.net