RASTREROS

No ano 1989, unha aldea de Chantada na provincia de Lugo, viu renacer o Punk. Influídos polas bandas do rock radikal vasco e do punk inglés nacían RASTREROS. Co paso dos anos incorporan ao punk as súas raíces: letras con temática costumista, o galego (ademais do castelán, o inglés e o catalán), e as melodías dunha gaita insumisa.

Todo isto colócaos como cofundadores do movemento galego musical por excelencia: O BRAVÚ. E froito diso é o seu primeiro disco: A piñón fixo, a golpe de pixo ( Cumio, 1996) onde inclúen temas míticos como O sacristán de Basán, que alcanza grandes cotas de popularidade grazas a ser incluído nos programas do Xabarín Club, da Televisión de Galicia.

 

 

 

O sacristan de Basan 

https://www.youtube.com/watch?v=fds2D_PwhO8

https://www.youtube.com/watch?v=fds2D_PwhO8

Varios dos seus temas aparecen en recompilatorios como, Unión Bravú, L’ Asturianu Muevese, Xabarín Club (1e2) e outros. Todo isto fai deles unha banda mítica dentro do panorama musical galego e froito diso é a súa aparición en varios libros: Rock’ n’ Grelos de Alberto Casal (Ed. Lea 1995), Rock Bravú: a paixón que queima ou peito de Xavier Valiño (Xerais 1999), 50 anos de pop, rock e malditismo na música galega de Fernando F. Rego (Toxosoutos 2010), Viva ou Fu Remol de Pedro Feijoo Barreiro (Xerais 2005), e outros, así como a influencia en toda unha xeración de bandas.

Tratorada
En 1999 comeza un período de inactividade que remata en 2007 coa súa volta aos escenarios e a participación no recopilaorio 120 Capadores co tema Platinos, versioneando aos Diplomáticos de Montealto.


No 2013 póñense de novo ao choio para iniciar a composición e gravación do que será o seu segundo longa duración.

No meus país

 https://www.youtube.com/watch?v=fMLYAOG6XO4


 No 2017 cando, da man de Iago Pico en Pousada Son, acaban de gravar FERRO A FONDO CO LUME NON LOMBO, un traballo no que manteñen o seu estilo particular (non é fácil crear un novo estilo, como para andar cambiándoo á mínima) coa mesma vocación de ser un disco que aguante o paso dos anos. Nel nótase a man de 2 novas incorporacións (á guitarra e ao baixo) pero sen desentonar no estilo.

Non é un disco virtuoso, é, como o anterior, directo, contundente, con letras coidadas, melodías pegadizas, guitarras compactas e ritmos do rock e do punk. Non é un disco uniforme tampouco. Diversos estilos dentro do rock e o uso do galego e o castelán, froito da procedencia dos seus membros e da mestizaxe das súas influencias.

Os seus directos son como os seus discos, directos, sen paradas e sen interminables discursos entre tema e tema. Acelerados e pensados non para lucirse, senón para facer chegar a música ao seu público, que é do que se trata!