XOAN CURIEL CANTA MIÑA PEDRA CANTA

CANTA, MIÑA PEDRA, CANTA

Canta, miña pedra, canta, a nova obra de Xoán Curiel que graba para a colección Sonárbore da Editorial Galaxia. É un traballo baseado na vida e obra de Antonio Fraguas, autor homenaxeado nas Letras Galegas neste ano 2019. Xoán Curiel lévanos a coñecer o universo do homenaxeado polo Día das Letras Galegas 2019 a través de 11 cancións con ritmos tradicionais mesturados con outros máis modernos.



En Canta, miña pedra, canta pónselle música a algunhas cantigas do Cantigueiro de Cotobade, obra de Antonio Fraguas. De feito, o título tómase dunha cantiga recollida moi preto da casa do autor.



Xoán, ademais, crea cancións de elaboración propia inspiradas na vida de este estudioso. Curiel fai un percorrido pola tradición galega da oralidade e trata de achegar aos máis pequenos a figura deste mestre galeguista, así como a nosa tradición e cultura.



Actualmente, Xoán Curiel está de xira co espectáculo con este mesmo nome. Ademais está de xira co seu espectáculo musical A Casa do Terror.


Músicos do disco:

Xoán Curiel: Voz principal, coros, guitarra española, guitarra acústica, ukelele, pequeñas percusións e berimbao de boca

Carlos Freire: Percusións xerais do disco (bombo, tamboril, caixa, charles, pratos, bongós, udú, cabaza, botella de anís, triángulo, shakers, agogó, ferros, potas, vibráfono, percusión con auga, ect…) e frautas

Jara Ortiz: Voz principal, coros e pandeiretas

Roberto Grandal: Acordeón

Alfonso Camarero: Táboa de lavar en “Vai saír o tren”, culleres en “Son voltas”, efectos e programacións

Sergio Tannus: Cavaquinho, pandeiro, agogó, tamborín, triángulo, ovos, en “Como me río de ti” e “Aldeíña por aldea”

Rafa Mississippi: Armónica en “Vai saír o tren”

Pablo Díaz: Voz en “Como me río de ti”

Iris Gey: Voz en “Batendo nas pedras”

Xoel Campos Ferreiro: Voz en “Bolboretas na barriga”



Músicas: Xoán Curiel

Letras: “A aventura de escribir”, “Vai saír o tren”, ”Bolboretas na barriga” e “Batendo nas pedras”: Xoán Curiel

Selección e adaptacións das cantigas do Cantigueiro de Cotobade: Xoán Curiel

Gravación, mestura e masterización: Alfonso Camarero en Gourmet Sound Estudio (A Coruña)



O libro-CD conta coas ilustracións de Nuria Diaz







BIOGRAFÍA XOÁN CURIEL


Cantante, actor, músico e compositor. Formado en Santiago, Madrid e Barcelona.

Na súa carreira artística realiza xiras en Brasil, Arxentina, Italia, os EEUU, Francia, etc… Con seis traballos discográficos editados, Xoán ten premios como o Mejor Álbum en Lengua Gallega nos V Premios de la Música Independiente e moitas nominacións (Premios Martin Codax, Premios Opinion…). Ademais Xoán participa en espectáculos coas compañías Os Quinquilláns; Pífano Teatro; con Magín Blanco e Urdime e tamén crea os seus propios espectáculos dende o ano 2001. Participa en discos de moitos artistas e as súas cancións téñense traducido e cantado en lingua castelá, en portugués de Portugal e de Brasil, en Alemán ou en inglés dos EEUU entre outros.

Nos últimos anos presenta os libro-discos infantíns “Estamos no verán!!!” e o mais recenté “A Casa do Terror” (ambos editados tamén coa Editorial Galaxia). Crea e dirixe o primeiro e segundo Certame de Canción de Autor en Galego e participa no documental Vertice de Versos, poñendo música ao mesmo, inclúindo cancións propias e poñendo música a poesías dos poetas que participan neste documental.

CONTACTO:

xoancuriel@gmail.com
658263199

Máis infoen:  
http://www.xoancuriel.com/